Manuel Caamaño Pato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Caamaño Pato
Nacemento4 de decembro de 1905
Lugar de nacementoNegreira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutico e político
IrmánsAlfredo Caamaño Pato
editar datos en Wikidata ]

Manuel Caamaño Pato, nado en Negreira o 4 de decembro de 1905, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro, e sobriño de Manuel Caamaño Ferreiro. Estudou Farmácia na Universidade de Santiago de Compostela. En 1930 foi multado con outros estudantes por repartir follas contra o bugallalismo en Negreira.[1] Farmacéutico municipal de Fornelos de Montes dende 1935, promoveu a constitución do grupo de Izquierda Republicana no concello, do que foi elixido secretario en setembro de 1935.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse no Pazo de Cotón, e co seu irmán Alfredo Caamaño Pato pasou a Portugal, e por Francia chegou á zona republicana. Ao rematar a guerra marchou á República Dominicana en decembro de 1939. En 1941 exiliouse en México[3] e despois en Venezuela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 8-11-1930, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 5-9-1935, p. 12.
  3. Ficha en Movimientos Migratorios Iberoamericanos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]