Saltar ao contido

Manuel Barros Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Barros Montero
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morte2007 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, pescador Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 866

Manuel Barros Montero, coñecido como Xabelón, nado en Redondela en 1920 e finado no mesmo concello en agosto de 2007, foi un mariñeiro e político galego.

Fragmento das Memorias de Manolo Barros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro de Redondela. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal e Manuel Blanco Camiña, foi condenado a 6 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Preso na illa de San Simón entre 1937 e 1938. Despois pasou á Prisión Provincial de Valladolid, de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1940.[1] Foi elixido concelleiro de Redondela polo PCE nas eleccións municipais de 1983.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barros Montero, Manuel (2006). Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Fundación 10 de marzo. ISBN 84-934720-4-2. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]