Gustavo Otero Sestelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | outubro de 1904 Redondela, España |
Morte | 11 de xullo de 1958 (53 anos) Redondela, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Pai | Pedro Otero Milleiro |
Irmáns | Ernestina Otero Pedro Otero Sestelo |
Gustavo Otero Sestelo, nado en Redondela en outubro de 1904 e finado no mesmo concello o 11 de xullo de 1958, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Otero Milleiro e irmán de Ernestina Otero. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Na Segunda República foi nomeado xuíz municipal de Redondela en setembro de 1931.[1] En 1936 foi nomeado Delegado do gobernador civil en Redondela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, e condenado a cadea perpetua. Ingresou no Forte de San Cristovo o 22 de febreiro de 1937. O 16 de febreiro de 1939 foi trasladado á Prisión de Figueirido. Abríronlle expediete de responsabilidades políticas en outubro de 1943.[2] Finou en Redondela o 11 de xullo de 1958.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Moscoso con Hilda Ventín Cabadas e foi pai de Gustavo, Ricardo e Pedro Otero Ventín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 2-9-1931, p. 2.
- ↑ BOE, 22-1-1944, p. 402-403.
- ↑ La Noche, 14-7-1958, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-090-0.