Manu Baqueiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Baqueiro López de Sá 20 de abril de 1978 (46 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - dereito (1994–1999) |
Actividade | |
Ocupación | actor (2002–), avogado (1999–2001) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Alfonso Bassave |
Manuel Baqueiro López de Sá,[1] nado en Madrid, 20 de abril de 1976, tamén coñecido como Manu Baqueiro, é un actor español, coñecido principalmente polo seu papel de Marcelino «Marce» Gómez en Amar en tiempos revueltos e Amar es para siempre.[2]
É irmán maior do tamén actor Alfonso Bassave.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten orixes galegas tanto por parte paterna como materna. Seu pai é natural de Pontevedra e súa nai é a tamén galega Julia López de Sá, descendente de Eduardo Bassave Rodríguez de Alburquerque, o primeiro marqués de San Eduardo.[4][5] Trala separación de seus pais, súa nai casou cun coruñés, matrimonio froito do cal naceu o tamén actor Alfonso Bassave.[6]
Unha vez rematados os seus estudos de bacharelato, ingresou na Universidade Complutense de Madrid onde se licenciou en Dereito. Malia traballar durante un ano neste campo, decidiu probar sorte no mundo da interpretación e realizou varios cursos. Mentres completaba a súa formación, gañaba a vida con traballos de produción que compaxinaba coa súa carreira como actor. En 2005 comezou a interpretar a Marcelino Gómez Díaz ("Marce") na telenovela Amar en tiempos revueltos, personaxe que interpretou durante os seguintes sete anos. A continuación interpretou o mesmo papel no spin-off da serie, Amar es para siempre e en Luimelia.
Grazas a que se converteu nun rostro coñecido na televisión, puido participar en campañas de moda para o suplemento do xornal El País e participar en curtametraxes benéficas como Busco (2005).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manuel Baqueiro". Vihana Producciones (en castelán). 18 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ Alía, Julián (30 de novembro de 2020). ""Que 'Amar es para siempre' cumpla 2.000 es maravilloso"". Diario de Navarra (en castelán) (Pamplona). p. 77. Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ Marín, Santiago (17 de outubro de 2022). "Manu Baqueiro es hermano de Alfonso Bassave, que también se dedica al mundo de la interpretación" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ Melchor, Xurxo (14 de outubro de 2018). "La tumba gallega de los San Eduardo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El actor Manu Baqueiro tiene lazos con la aristocracia".
- ↑ Blanco, Patricia; Rodríguez, F. (4 de agosto de 2023). "El actor Manu Baqueiro: «Malpica la tengo grabada a fuego»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2024.