Manscape

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Manscape
Álbum de Wire
Publicado15 de maio de 1990
Estudio(s)RAK Studios, Londres
Worldwide Studios, Londres
Duración63:26
Xénero(s)dance alternativo, post-punk
Selo(s)Mute Records, Restless Records
Producido porDavid M. Allen
Cronoloxía
It's Beginning to and Back Again
(1989)
Manscape The Drill
(1991)

Manscape é o sétimo álbum de estudio da banda inglesa de rock Wire, publicado o 15 de maio de 1990 a través do selo Mute Records. Foi producido por David M. Allen, e gravado e mesturado principalmente nos RAK Studios por Roy Spong.

En Manscape Wire explorou a música electrónica con máis profundidade que en anteriores traballos. Os baixos e as baterías foron principalmente secuenciados, e nunha xira polo Reino Unido e Europa en a banda xirou sen o batería Robert Gotobed.[1] O disco está formado principalmente por material novo, xunto con algunhas cancións vellas reelaboradas para incluírlle instrumentación electrónica.

"The Morning Bell" trata sobre o sistema educativo público británico, mentres que "Small Black Reptile" fala sobre o sistema político. A peza central do álbum, "You Hung Your Lights in the Trees/A Craftsman's Touch", dura algo máis de dez minutos.[2]

A edición orixinal en vinilo ten unha orde de cancións significativamente distinta e omite os temas "Life in the Manscape", "Stampede" e "Children of Groceries".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Wire (Bruce Gilbert, Robert Gotobed, Graham Lewis e Colin Newman) agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Life in the Manscape"    3:28
2. "Stampede"    4:35
3. "Patterns of Behaviour"    4:33
4. "Other Moments"    3:50
5. "Small Black Reptile"    3:14
6. "Torch It!"    7:31
7. "Morning Bell"    4:22
8. "Where's the Deputation?"    3:51
9. "What Do You See?"  Elvander, Gilbert, Gotobed, Lewis, Newman 6:47
10. "Goodbye Ploy"    3:50
11. "Sixth Sense"    4:19
12. "Children of Groceries"    3:03
13. "You Hung Your Lights in the Trees/A Craftsman's Touch"    10:03

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "TrouserPress.com :: Wire". www.trouserpress.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 2020-01-26. 
  2. "Manscape". EW.com (en inglés). Consultado o 2020-01-26.