Manifesto de Antealtares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O manifesto de Antealtares[1] foi un pacto asinado o 7 de xuño de 1458[2] entre os representantes dos concellos de Santiago de Compostela, Noia e Muros. O obxecto da alianza era defender os intereses das vilas ante os ataques da nobreza e do arcebispado de Santiago.

Por ende nos Bernald Yanes de Moscoso e Pero Vermudes de Montaaos e Suero Gomes de Sotomayor e Lopo Peres de Moscosso, vasallo del Rey nuestro señor, cavalleros de su real casa, e doña Joana de Castro, mujer de Rodrigo de Moscoso, cuya anima Dios aya, juntos en un ser e querer con los conçejos, alcalldes, regidores e jueses, ofiçiales e onbres buenos de la çibdad de Santiago e villas de Noya et Muros.[3]

As cidades uníronse para se defenderen de "algunos señores poderosos, en especial, don Rodrigo de Luna, arçobispo de Santiago"[4] O acordo asinado comezaba lembrando os deberes que recoñecía:

Todo home é obrigado a morrer por tres cousas: a primeira pola sua lei; a segunda polo El Rei; a terceira pola cousa pública da súa cidade[5]

As cidades aproveitaron para facerlle fronte que Rodrigo de Luna se encontraba na guerra de Granada (o rei Henrique IV de Castela convocara en 1458 os señores do seu reino para se concentraron en Écija),[6] co que ao volver este da guerra se encontrou coas portas de Santiago fechadas. O Rei convocou sen éxito as vilas na Cédula do 23 de Agosto de 1458 para solucionar o conflito e chegou a amoestalas en 1460. A revolta non se apagou ate o falecemento de Rodrigo de Luna en xullo de 1460 e a súa substitución por Alonso I de Fonseca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Oro, José. Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza. Noia: Toxosoutos. pp. 113–115. 
  2. García-Fernández 2018.
  3. García Oro, José; Portela Silva, María José (2003). La casa de Altamira durante el Renacimiento. Estudio introductorio y colección diplomática. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano. p. 529. 
  4. Agrafoxo Pérez, Xerardo (2019). Historia de Noia. Deputación da Coruña. ISBN 9788498123470. 
  5. García Oro, José (1977). Galicia en la Baja Edad Media. Bibliófilos Gallegos. 
  6. https://dbe.rah.es/biografias/32133/rodrigo-de-luna

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García-Fernández, Miguel (2018). "Familia, poder e relixiosidade dunha aristócrata baixomedieval galega. As últimas vontades de dona Xoana de Castro (1467)". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (21): 133–156. doi:10.5209/MADR.62597.