Saltar ao contido

Manel Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManel Sánchez
Biografía
Nacemento24 de maio de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,92 m Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata - 1993 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Baloncesto Breogán

Ángel Manuel Sánchez Vázquez, coñecido como Manel Sánchez, nado en Lugo o 24 de maio de 1958, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto galego. Tamén dirixe unha tenda deportiva en Lugo e é comentarista de partidos de baloncesto na Televisión de Galicia. Está considerando como un dos mellores tiradores da historia da ACB.[1]

Manel Sanchez é o máximo anotador nado no estado español de toda a historia, en media de puntos por partido durante toda a súa carreira contando tódalas competicións, xa sexan ligas como a ACB, LEGA ou a NBA.[2] É tamén o xogador do estado español que ten unha media máis alta de triplas por partido (2,00) por riba de coñecidos "canoneiros" como Alberto Herreros (1,89), Juan Carlos Navarro (1,67) ou Juan Antonio San Epifanio "Epi" (1,49).[3] O seu fillo, Mateo Sánchez, é tamén xogador profesional de baloncesto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con 1,92 m de altura e xogando na posición de escolta, é quizais o xogador máis emblemático da historia do Club Baloncesto Breogán. Manel Sánchez comezou xogando nas categorías inferiores do Estudiantes de Lugo, equipo filial do Breogán. Máis tarde, como xuvenil, xogou co equipo da Milagrosa de Lugo en Terceira División, incorporándose máis tarde como júnior ao Breogán, onde xogou en Primeira División.

Xa como xogador profesional despois de xogar no Breogán até 1978 incorporouse ao OAR Ferrol e ao Porcelanas Santa Clara de Vigo, co que se proclamou máximo anotador da Segunda división. Despois do seu paso por Vigo retorna á Primeira División, onde pasa a formar parte das filas do Bàsquet Manresa e máis tarde do CAI Zaragoza. No equipo aragones xogou dúas tempadas até que volveu á súa cidade natal para xogar de novo no Breogán, acadando co equipo o ascenso á ACB en 1984, permanecendo no club até 1992. A seguinte tempada xogou no Viña Costeira da Coruña, retirándose. Cómpre destacar que foi o primeiro xogador galego en ser internacional.

Retirado na temporada 1993, Manel Sánchez continuou ligado dun xeito ou outro ao mundo do deporte: montou unha tenda de artigos deportivos, dirixiu unha escola de baloncesto, adestrou ao equipo de baloncesto feminino Ensino (co cal conseguiu o ascenso á División de Honra) e a outros equipos de diferentes categorías e foi concelleiro de deportes da cidade de Lugo.

Rexistros

[editar | editar a fonte]
  1. "Mellores bonecas da historia da ACB" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  2. 2,0 2,1 "Points by country". Basketpedya. [Ligazón morta permanente]
  3. "Guía ACB 2009-2010, páxina 209". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2010. Consultado o 19 de maio de 2010. 
  4. Hemeroteca El Mundo Deportivo, 5 de novembro de 1988

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]