Saltar ao contido

Manel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manel
Manel en xaneiro de 2010.
OrixeBarcelona, Cataluña Cataluña
Período2007 - presente
Xénero(s)Folk, pop, indie
Selo(s) discográfico(s)Warner Music Group e Produccions Blau
MembrosGuillem Gisbert
Martí Maymó
Roger Padilla
Arnau Vallvé
Na rede
http://www.manelweb.com/
Facebook: GrupManel Twitter: GrupManel Instagram: grupmanel Youtube: UCYQm8GQEmBsi6KxKOird7_w Spotify: 40tHhop0T30DwienQBmTxb iTunes: 421135039 Musicbrainz: 4e7209ee-ef02-4cb7-bdff-815b0473c27c Songkick: 1006469 Discogs: 884410 Editar o valor en Wikidata

Manel é un grupo de música de Barcelona. As súas cancións mesturan o pop coa música máis tradicional cantada en catalán. Destacan polo seu atractivo directo e as súas cancións sinxelas, pero con letras traballadas, como Al Mar!, Ai Dolors ou En la que el Bernat se't troba, que obtiveron moita sona, así como as súas versións de Common people de Pulp, No t'enyoro de els Pets ou La Tortura de Shakira.

Traxectoria musical

[editar | editar a fonte]

Os compoñentes do grupo proveñen todos da escola barcelonesa Costa i Llobera, pero non se coñeceron durante a etapa escolar debido ás diferenzas de idade que existen entre eles. Foi ao cabo duns anos cando se coñeceron a través de amigos ou irmáns máis novos e formaron o grupo. Dende entón, o ascenso é meteórico. Déronse a coñecer no concurso de maquetas Sona 9 do 2007,[1] no que quedaron finalistas e gañaron o Premi Joventut (Premio Mocidade). Este premio, conseguido polo segundo posto vano investir na gravación do seu primeiro álbum.

En 2008 saíu á venda o seu primeiro disco titulado Els millors professors europeus, título que fai referencia a un verso da canción Pla quinquennal. O álbum, gravado nos Estudios Nòmada 57 entre xuño e outubro de 2007, e publicado por Discmedi, recibiu unha boa crítica. A revista Enderrock outorgoulle o premio ao mellor disco pop-rock do ano. A revista Rockdelux clasificouno como o terceiro mellor disco español do ano e Mondosonoro colocouno no sétimo posto da mesma categoría. Foi considerado un dos grupos en catalán revelación do 2008.[2][3][4]

O seu videoclip de Dona estrangera, dirixido por Sergi Pérez Mañas, gañou o premio ao Mellor Videoclip do Ano do festival Cinemad 08.[5]

En 2009 gravaron con Albert Pla, Joan Miquel Oliver, Gerard Quintana, Estopa e Quimi Portet a canción El caganer do àlbum feito por diversos artistas relacionados coa cultura catalá titulado Cançons Prenadal.[6][7]

En setembro de 2010 Els millors professors europeus vendera máis de 30.000 copias, polo que conseguiu a categoría de disco de ouro.[8]

Segundo algúns críticos, os Manel teñen elementos estilísticos comúns amb con outros artistas en catalán como Pau Riba, Jaume Sisa e Antònia Font.

Fixeron unha panxoliña que se pode descargar gratis dende a súa páxina web.

O seu segundo disco, do que adiantaron dúas cancións (Aniversari e Boomerang) durante febreiro do 2011 saíu á venda o 15 de marzo de 2011 co nome de 10 milles per veure una bona armadura. O título é unha alusión a unha frase que pronunciaba Kenneth Branagh no filme Much ado about Nothing. En 10 días converteuse no disco máis vendido do Estado español e mantívose durante dúas semanas seguidas como número 1.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. En la que el Bernat se't troba, 4:19
  2. Avís per a navegants, 2:46
  3. Ai, Dolors, 3:19
  4. Pla quinquennal, 2:58
  5. Roma, 3:45
  6. Captatio benevolentiae, 4:19
  7. Nit freda per ser abril, 4:21
  8. Al mar!, 3:28
  9. Els guapos són els raros, 3:38
  10. Dona estrangera, 3:59
  11. Ceràmiques Guzmán, 3:23
  12. Corrandes de la parella estable, 7:15

Saíu á venda o 15 de marzo de 2011

  1. La cançó del soldadet, 3:57
  2. El gran salt, 3:21
  3. Boomerang, 5:07 (Canción publicada por adiantado o 24 de febreiro de 2011)
  4. La bola de cristall
  5. Aniversari, 4:29 (Canción publicada por adiantado o 24 de febreiro de 2011)
  6. Flor groga, 3:57
  7. Criticarem les noves modes de pentinats, 6:06
  8. El Miquel i l'Olga tornen, 3:39
  9. Deixa-la, Toni, deixa-la, 6:22
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  2. Manel, un dels grups revelació de l'any, presenta el seu primer disc 'Els millors professors europeus' -Vilaweb, 10-12-2008
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2010. Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  4. Público, 23-03-2009 (en castelán)
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  6. L'àlbum Cançons Prenadal a Itunes.
  7. Cançó al youtube.
  8. ""Disc d'Or per a Manel"". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2010. Consultado o 17 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]