Malaquías O'Morgoir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMalaquías O'Morgoir

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1094 Editar o valor em Wikidata
Armagh Editar o valor em Wikidata
Mortec. 2 de novembro de 1148 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
abadía de Claraval, Francia Editar o valor em Wikidata
Bispo católico de Armagh
1134 – 1137
← Cellach de ArmaghGelasius Ruaidri →
Bispo de Down
1124 – – Ralph de Kilmessan →
Bispo de Connor
1124 – 1137 – Adam →
Abade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , autor , bispo católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoXeración do século XII e xeración do século XI Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa3 de novembro Editar o valor em Wikidata

San Malaquías é o nome galego do irlandés Malachia O'Morgoir, nado posiblemente en Armagh (Irlanda do Norte) cara 1094 e finado na Abadía de Claraval (Aube, Francia) o 2 de novembro de 1148.

Membro dunha familia nobre, foi bautizado como Maelmhaedhoc (máis tarde latinizado como Malachia); foi abade do mosteiro de Bangor, bispo de Connor e primado de Irlanda, como arcebispo de Armagh, durante varios anos. Amigo de san Bernaldo de Claraval, foi canonizado o 6 de xullo de 1199 polo papa Inocencio III. A súa festa conmemórase o 3 de novembro.

Atribúeselle a autoría da Profecía dos papas, manuscrito que revela por medio dunha frase latina unha indicación sobre cada papa desde Celestino II, mais este documento é tachado, a miúdo, por moitos estudosos, como un escrito apócrifo do século XVI.

Non debe ser confundido, por outra parte, co bíblico Malaquías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]