Malakula
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | New Hebrides (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Vanuatu | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Malampa, Vanuatu | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 879 m | ||||
Superficie | 2.041 km² | ||||
Malakula ou Malekula é a segunda illa máis grande da nación de Vanuatu, no océano Pacífico na Melanesia. Hai unha lenda urbana que di que o seu nome, acuñado por James Cook, ao parecer procede do francés mal à cul (literalmente, dor no cu) foi inspirado pola presenza de caníbales, a actividade volcánica e outros desagradables características da illa no momento do seu descubrimento. O capitán Cook, con todo, rexistra que os habitantes chaman a illa Mallicollo e a etimoloxía "dor no cu" é probablemente unha derivación dos mariñeiros do nome orixinal.
Situación
[editar | editar a fonte]Está separada da Illa Espírito Santo e de Malo polo Estreito de Bougainville. Lakatoro, a capital da provincia de Malampa, está situada na costa oriental e é o asentamento máis grande da illa. No lado nordeste da illa hai un grupo de illas chamadas Illas Pequenas, entre elas (de N a S) Vao, Atchin, Wala, Rano, Norsup, Uripiv e Uri.
Ten unha elevación máxima de 879 m. o monte Liambele.[1] En 1768, Louis Antoine de Bougainville deu o seu nome ao estreito que separa Malakula de Santo.
Historia
[editar | editar a fonte]Descuberto pola expedición española de Pedro Fernandes de Queirós en 1606.[2].
Durante 1914 e 1915 os antropólogo británico John Layard viviu na illa tomando notas antropolóxicas, así como rexistros fonográficos e fotográficos durante a súa campaña. Ao seu regreso a Gran Bretaña doou exemplares das placas das máis de 400 fotografías ó Museo de Arqueoloxía e Antropoloxía da Universidade de Cambridge.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o último censo do 2000, Malakula ten unha poboación de máis de 30.000 habitantes. Está separada das illas de Espírito Santo e Malo polo Estreito de Bougainville. Lakatoro, capital da provincia de Malampa, está situada na súa costa oriental e é o asentamento máis grande na illa.
Hai preto de trinta diferentes idiomas que se falan na illa de Malakula.[3] Viven dúas tribos os gran Nambas e os pequenos Nambas na parte central da zona sur, os nomes derivan do tamaño da funda do pene que levan, feita de follas de plátano ou pandanus.[4]
Tiñan, ata hai pouco, a cultura de apertar os cranios dos bebés para alterar a forma da cabeza. As cabezas en forma de cono dise que son un signo dun maior status social.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Malakula baséase principalmente na agricultura, con extensas plantacións de copra nas chairas costeiras do leste ao redor de Norsup e Lakatoro. En 1939, estableceuse unha cooperativa de copra en Matanvat no norte de Malakula. En pouco tempo, tomou algúns dos trazos do culto de carga, ata 1950, tras o cal regresou ao seu propósito orixinal, a produción de copra. Hoxe en día, a plantación produtora de copra máis grande de Vanuatu está situada en Norsup.
Infraestrutura
[editar | editar a fonte]Lakatoro ten varias tendas, un supermercado, unha sucursal do banco nacional de Vanuatu, unha oficina de Air Vanuatu, o peirao principal e é o centro administrativo da provincia de Malampa (Malekula, Ambrym, Paama). Norsup ten o hospital provincial. Tanto Norsup como Lakatoro teñen teléfonos e electricidade as 24 horas.
Turismo
[editar | editar a fonte]O interior de Malekula é montañoso, accidentado e cuberto por bosques con boas sendas e observación de aves. Hai antigos lugares caníbales escondidos na selva no norte Malekula, pero moitos dos ósos e cranios elimináronse ou enterráronse. Os Maskelynes e as pequenas illas costeiras ao longo da costa leste de Malekula teñen praias de area e os arrecifes de coral son bos para o mergullo.
Transporte
[editar | editar a fonte]Transporte aéreo
[editar | editar a fonte]Hai aeroportos en Malekula en Norsup, Lamap e na Baía Suroeste. Norsup ten unha superficie de asfalto. Air Vanuatu voa a Malekula todos os días da semana.
Transporte por estrada
[editar | editar a fonte]Lakatoro é o centro de transporte por estrada de Malekula. O mellor lugar para atopar camións está no centro do comercio de Lak.
Ten unha altitude máxima de 879 m.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Malekula, Vanuatu – island travel, accommodation, culture, reefs, beaches, rivers, forests". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 05 de xullo de 2013.
- ↑ Rienzi, M.L. Historia de la Oceanía, o quinta parte del mundo Barcelona, 1845-1846, vol IV, p.107
- ↑ "Languages of Malakula". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 08 de decembro de 2010.
- ↑ "Malakula island of Vanuatu". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 05 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Malakula |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Malakula Flag
- Malekula Interactive Map Arquivado 26 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.