Mako Mermaids
Mako Mermaids | |
---|---|
Formato | Xuvenil, fantasía |
Creado por | Jonathan M. Shiff |
Dirixido por | Evan Clarry Grant Brown |
Intérpretes | Lucy Fry Amy Ruffle Ivy Latimer Chai Romruen Issi Durant Allie Bertram Gemma Forsyth Alex Cubis |
Tema de apertura | "I Just Wanna Be" por Chantelle Defina e Jack Dacy |
Tema de peche | "I Just Wanna Be" por Chantelle Defina e Jack Dacy |
País de orixe | Australia |
Lingua(s) | Orixinal en inglés, dobrada ó castelán e outros. |
Temporadas | 3 |
Episodios | 68 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Jonathan M. Shiff Julia Adams |
Duración | 24 min |
Distribuidor | ZDF Enterprises |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Network Ten |
Primeiro episodio | 26 de xullo do 2013 |
Derradeiro episodio | 27 de maio do 2016 |
Na rede | |
http://tenplay.com.au/channel-eleven/mako-island-of-secrets | |
[ editar datos en Wikidata ] |
“Mako Mermaids: An H2O Adventure” (Netflix), “Mako: Island Of Secrets” (en Australia) ou mundialmente coñecida como “Mako Mermaids” (traducido ó galego como “As sereas de Mako”) é unha serie de aventuras para nenos e adolescentes. Xurdiu como un spin-off de H2O: Just Add Water, estreada orixinalmente o 26 de xullo do 2013 en todos os territorios de Netflix e en Australia pola cadea Network Ten. A súa estrea en España foi no 28 de outubro do 2013 en Disney Channel. A segunda tempada empezouse a filmar en febreiro do 2014, e a súa estrea foi no 13 de febreiro do 2015 os 13 primeiros episodios en todos os territorios de Netflix, e no 29 de maio os 13 episodios restantes. Os episodios da terceira tempada estreáronse no 27 de maio do 2016 tamén en Netflix, e a serie rematou. A serie tivo tres tempadas, as dúas primeiras con 26 episodios e a derradeira con 16. Está planeada unha película para estrearse proximamente, que dará fin á serie.
Historia
[editar | editar a fonte]Mako Mermaids (As sereas de Mako) conta as aventuras das sereas Lyla, Sirena e Nixie, que forman parte dun grupo de sereas que viven nas augas da ficticia Illa de Mako. Como novos membros do grupo, a súa tarefa é protexe-lo estanque da Lúa e preservalo dos intrusos. Pero unha noite de lúa chea, as travesas sereas descoidan os seus deberes e Zac, un mozo humano de 16 anos natural de alí, entra no estanque da Lúa e establece unha conexión especial con Mako, as súas pernas convértense nunha cola de peixe cando toca a auga e comeza a ter poderes, converténdose nun tritón.
O grupo de sereas vese forzado a deixa-la illa de Mako e como resultado, Lyla, Sirena e Nixie ven marxinadas do grupo, polo que o trío de sereas saben que só poderán ser aceptadas de novo no grupo se Zac for humano de novo; deberán aventurarse na terra, ter pernas e quita-los poderes de Zac ou serán excluídas para sempre.
Televisión
[editar | editar a fonte]Aínda que algúns episodios da primeira tempada da serie se estreasen na páxina web Netflix as emisións oficiais da primeira tempada da serie estreáronse na canle australiana Network Ten o 8 de novembro do 2013 ás 8 da noite, e máis tarde a serie estreouse na canle pública australiano Eleven os domingos ás 11 da mañá. A segunda tempada estreouse o 13 de febreiro do 2015 os 13 primeiros episodios, e estreáronse os 13 episodios restantes o 29 de maio dese mesmo ano. Toda a terceira tempada estreouse na web de Netflix o 27 de maio do 2016.
En España a primeira tempada foi estreada o 28 de outubro do 2013 pola canle Disney Channel e finalizou a finais dese mesmo ano. A segunda tempada foi estreada o 29 de xuño do 2015 tamén pola canle Disney Channel.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxes principais
[editar | editar a fonte]Actor | Personaxe | Episodios | Tempadas |
---|---|---|---|
Lucy Fry | Lyla | 26 | 1 |
Amy Ruffle | Sirena | 52 | 1, 2 |
Ivy Latimer | Nixie | 26 | 1 |
Chai Romruen | Zac Blakely | 52 | 1, 2, 3 |
Isabel Durant | Ondina[1] | 26 | 2, 3 |
Allie Bertram | Mimmi[1] | 26 | 2, 3 |
Gemma Forsyth | Evie | 38 | 1, 2, 3 |
Alex Cubis | Erik[1] | 26 | 2 |
Linda Ngo | Weilan | Descoñecido | 3 |
Personaxes recorrentes
[editar | editar a fonte]Actor | Personaxe | Ocupación | Episodios | Tempadas |
---|---|---|---|---|
Dominic Deutscher | Cam | Mellor amigo de Zac | 52 | 1, 2, 3 |
Kerith Atkinson | Rita Santos | Directora | 50 | 1, 2, 3 |
Rowan Hills | David | Empregado do “Ocean Café” | 34 | 1, 2, 3 |
Brooke Nichole Lee | Carly | Empregada do “Ocean Café” | 11 | 1, 2, 3 |
Jenna Rosenow | Acquata | Irmá de Sirena | 3 | 1 |
Produción
[editar | editar a fonte]O programa é derivado da serie H2O: Just Add Water, emitida en máis de 160 territorios en todo o mundo; e pódese atopar unha conexión entre Mako Mermaids e H2O nos derradeiros dous episodios da serie, onde Rikki fai unha aparición especial. O orzamento inicial da serie foi de 12,5 millóns de dólares. As colas son moito máis lixeiras que as usadas en H2O, xa que as de H2O pesaban 40 kg e as de Mako Mermaids só 12 kg.
A serie foi filmada do 8 de maio do 2012 até o 12 de outubro do mesmo ano. Os primeiros 13 episodios estreáronse en Netflix, para unha audiencia internacional de 120 países. Os últimos 13 episodios estreáronse o 15 de setembro do mesmo ano.[2][3]
En España estreouse co nome As sirenas de Mako o 28 de outubro do 2013 en Disney Channel ás 18:30 horas.
Episodios
[editar | editar a fonte]Tempada 1
[editar | editar a fonte]- Expulsadas (Outcasts)
- Obtendo pernas (Getting Legs)
- Coñecendo a Rita (Meeting Rita)
- Lyla soa (Lyla Alone)
- Xistra (Blizzard)
- Cola de golfiño (Dolphin Tale)
- A festa da piscina de Zac (Zac's Pool Party)
- O regreso de Zac a Mako (Zac's Return to Mako)
- Canción de serea (The Siren)
- Zac volve a Mako de novo (Zac Returns to Mako)
- Non creo nas sereas (I Don't Believe in Mermaids)
- Pechar a chamada (Close Call)
- Traizón (Betrayal)
- Liñas de batalla (Battlelines)
- O segredo de Sirena (Sirena's Secret)
- Treguas (Truce)
- O Anel de Lúa 2 (Moon Ring 2)
- O plan do tridente (The Trident Job)
- Onde está o botón de acender? (Where's the On Button?)
- Nada para esconder (Nowhere to Hide)
- O regreso de Acquata (Acquata Returns)
- Evie ó cadrado (Evie Times Two)
- A elección de Zac (Zac's Choice)
- Confianza (Trust)
- Traizoados (Betrayed)
- Hora da decisión final (Decision Time)
Tempada 2
[editar | editar a fonte]Lyla, Nixie e Sirena conseguen volver ó grupo, pero Lyla e Nixie deixan a serie tentando ter unha vida nova. Zac e Evie aínda están xuntos, vivindo grandes aventuras. Sirena non pode coidar do estanque da lúa soa, e o grupo chama dúas sereas novas para substituír Lyla e Nixie: Ondina e Mimmi. As tres coidan do estanque da lúa e fanse grandes amigas. Entón Ondina e Mimmi foxen da illa de Mako con Sirena co intento de reconverter Zac en humano. Pero a conexión entre Zac e Mako é cada vez máis forte. Se non tiveren éxito, nunca romperán a súa conexión nin salvarán Mako. Durante a lúa chea, tratan de elimina-los seus poderes, e Evie decide intervir e de súpeto convértese nunha serea. Ó final, as tres sereas quedan de novo con Rita e Poseidón.
- O sétimo ciclo (The Seventh Cycle)
- Unha situación pegañenta (Sticky Situation)
- Descubrimento (Discovery)
- Unha nova cola (A New Tail)
- Malo para o negocio (Bad for Business)
- Mares tempestuosos (Stormy Seas)
- O espertar (Awakening)
- Escola de terra (Land School)
- Polisón (Stowaway)
- Gardando o segredo (Keeping the Secret)
- Só tan novo como te sentes (Only As Young As You Feel)
- Tamaño xigante (Supersized)
- Reunión (Reunion)
- Un novo home (A New Man)
- Coidado co que desexas (Careful What You Wish For)
- Primeira cita (First Date)
- O código de tritón (The Merman Code)
- Ligazón de serea (Mermaid Link)
- Sorpresa! (Surprise!)
- O traballo (The Job)
- Novas ordes (New Orders)
- O último baile (The Last Dance)
- Quedar ou ir (Stay or Go)
- A verdade sobre Evie (The Truth About Evie)
- A pedra do tridente (The Trident Stone)
- O elixido (The Chosen One)
Tempada 3
[editar | editar a fonte]Cando unha serea chinesa, Weilan, libera accidentalmente un dragón de auga, ela foxe á illa de Mako mentres que a persegue a criatura. Ondina, Mimmi e Weilan deben defende-la illa de Mako e a costa dourada da súa destrución.
- Unha visita do leste (A Visit From The East)
- Ver para crer (Seeing Is Believing)
- Receita do éxito (Recipe for Success)
- A limpar (Mopping Up)
- A caixa do crebacabezas (The Puzzle Box)
- Novos inicios (New Beginnings)
- Cambio de rumbo (Turning the Tide)
- O camiño do dragón (The Way of the Dragon)
- O investimento da fortuna (Reversal of Fortune)
- A confusión dos desexos coa realidade (Wishful Thinking)
- Perdido e atopado (Lost and Found)
- Problemas de confianza (Trust Issues)
- A deixalo ir (Letting Go)
- A idade antes que a beleza (Age Before Beauty)
- A lenda de Jiao Long (The Legend of Jiao Long)
- Regreso a casa (Homecoming)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Tempada 2 de “Mako Mermaids”". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 07 de xullo de 2015.
- ↑ Jonathan M. Shiff lands global Netflix roll-out for Mako Mermaids
- ↑ Netflix estrea en xullo Mako Mermaids, un spin-off de H2O
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Mako Mermaids Arquivado 17 de xullo de 2015 en Wayback Machine.
- Mako Mermaids en Australian Television
- Mako Mermaids en TV.com Arquivado 10 de xullo de 2015 en Wayback Machine.