Maisa Ouzande
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 (82/83 anos) Lamela, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro |
María Isabel Ouzande González, coñecida como Maisa Ouzande, nada en Lamela (Silleda) cara a 1941, é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla de José Ouzande, que emigrara aos Estados Unidos nos anos 1920, e finou en 1955. Ao ano seguinte a muller e as fillas marcharon a Arxentina. María Isabel traballou nunha fábrica téxtil e estudou polas noites. Casou e retornou a Galicia en 1983 instalándose na Estrada. Volveu emigrar primeiro a Caracas e despois asentouse en Avellaneda. En 1983 participou nunha pequena obra de teatro e comezou a estudar con Raúl Expósito Gándara. Traballou con Ana María Campoy, Lito Cruz e Fernando Iglesias Sánchez. Dirixiu obras e ensinou teatro no Club Español. Dirixiu o grupo de teatro do Centro Gallego de Buenos Aires.[1] Retornou a Galicia onde volveu actuar.[2]