Maio do 68
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2022.) |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Maio do 68 foi un movemento estudantil que tivo lugar en Francia entre maio e xuño de 1968.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Durante o mes de maio de 1968, Francia foi o escenario dun importante movemento estudantil e social, que forzou o xeneral De Gaulle a disolver a Asemblea nacional e a organizar novas eleccións. Este movemento formou parte dun conxunto de acontecementos nos medios estudantís dun gran número de países, como a República Federal de Alemaña (movemento SDS - Sozialistischer Deutscher Studentenbund), os Estados Unidos (accións contra a guerra de Vietnam), Checoslovaquia (Primavera de Praga) ou México.
Este movemento comeza nos dous lados da cortina de aceiro. A partir de 1967, varios campus nos Estados Unidos ou Polonia, por exemplo, levántanse contra a política educativa. En Francia, estes acontecementos toman con todo unha amplitude particular xa que se acompañan de potentes manifestacións de estudantes, logo dunha folga xeral que paraliza completamente o país (os camións militares deberán asegurar o transporte de fortuna). Tamén foi acompañado dunha onda de reunións informais dentro dos organismos, empresas, administracións, os colexios e as universidades, teatros, casas de mozas, das casas da cultura. En todo o país, as portas ábrense a calquera cidadán, a palabra libérase e pasa a ser por algunhas semanas a razón de ser dos franceses.
Entusiasmados, abatidos, dubitativos ou meditativos, cada un segundo a súa sensibilidade, participa ou observa. Diálogos intensos establécense nas rúas, entre descoñecidos, e a través das xeracións. Os slogans do 68 eran poéticos, subversivos, apocalípticos, revolucionarios:
- Sede realistas, pedide o imposible
- A imaxinación ao poder
- Prohibido prohibir
- Baixo os lastros, a praia
- A propiedade é un crime (de Estado), entre outros.
Contexto
[editar | editar a fonte]Contexto económico
[editar | editar a fonte]Paradoxalmente, a crise de maio-xuño de 1968 aparece despois dunha década de prosperidade inigualable. No que ten que ver co plano económico, é o apoxeo dos "Trinta Gloriosos", cunha taxa de crecemento estable da orde do 5%. A sociedade de consumo instalouse nos costumes, sen coller conciencia de todas esas implicacións e desequilibrios mundiais que se están a desenvolver.
Porén, a pesar de todo este crecemento existen profundas desigualdades:
- numerosos pechamentos de negocios do sector téxtil, a mecánica e a metalurxia;
- entre 470 000 e 500 000 demandantes de emprego,
- dous millóns de persoas que perciben salarios de 400 ou 500 francos por mes.
Despois de varios meses e dun ano de síntomas importantes de deterioración da situación económica francesa fan a súa aparición. O número de persoas no desemprego aumenta de forma regular: ao comezo de 1968, son xa cerca de 500 000. Os xoves son os primeiros en sufrir as consecuencias e en 1967,o goberno debe crear a ANPE. A grande folga de mineiros de 1963 sinalou o comezo da crise mineira que estaba a vivir os seus últimos anos antes do comezo dunha crise fatal. Un número importante de folgas teñen lugar entre 1966 e 1967, tanto na rexión parisiense coma nas provincias. Dous millóns de traballadores son pagados ao SMIG e séntense excluídos da prosperidade, entre eles moitos obreiros de fábricas, mulleres ou traballadores inmigrantes. Os salarios reais comezan a baixar e os traballadores comezan a preocuparse polas súas condicións laborais. Os sindicatos opóñense ás ordenanzas de 1967 sobre a Seguridade Social. Os barrios pobres aínda existen, o máis coñecido é Nanterre, directamente por debaixo dos ollos dos estudantes.
Repercusións
[editar | editar a fonte]Durante a campaña electoral das eleccións presidenciais de Francia do 2007, o candidato da dereita Nicolas Sarkozy criticou a herdanza de maio do 68, mentres que a candidata de esquerdas Ségolène Royal defendeuna.
Che Guevara no maio do 68
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: O Che Guevara na sociedade#O Che, maio do 68.
A partir da segunda metade dos anos sesenta, a figura do Che exerceu unha verdadeira fascinación sobre as novas xeracións, entrando no seu imaxinario en forma de pósters, camisolas, parches, insignias, bandeiras ou estandartes. Máis aló da menor banalización consubstancial ao consumo, o mito non debilitou.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maio do 68 |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |