Magallanes (sonda espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magallanes
Magellan - artist depiction.png
Representación artística da Magallanes en órbita de Venus.
Tipo Científico
Organización NASA
Destino actual Reentrada na atmosfera de Venus.[1][2][3]
Data de lanzamento 4 de maio de 1989, 18:47 GMT[4][1][5][6]
Foguete portador Transbordador espacial Atlantis[1][3]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa 39B[1][2]
Duración da misión 5,5 anos[1][3]
Obxectivo da misión Estudo de Venus.[1][2]
Decaemento 14 de outubro de 1994[1][4][3]
NSSDC ID 1989-033B
Masa 1035,0 kg[1]
Dimensións 6,4 m de altura, envergadura de 9,2 m cos paneis solares estendidos[1]
Potencia 1029,0 vatios[1]

Magallanes (Magellan en inglés) foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 4 de maio de 1989 mediante o transbordador espacial Atlantis desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara Venus.[1][3][2]

Características[editar | editar a fonte]

Magallanes foi a primeira misión estadounidense adicada ó estudo e cartografiado da superficie de Venus mediante radar de apertura sintética (SAR pola súa sigla en inglés). A nave construise con partes sobrantes ou recambios doutras naves para aforrar custos, en particular das naves Galileo, Viking, Voyager, Mariner, do Skylab e a Ulysses.[1][3][2]

Os obxectivos principais da Magallanes foron cartografiar a superficie venusiana cunha resolución de 1 km, obter un mapa topográfico de 50 km de resolución espacial e 100 m de resolución vertical, cartografiar o campo gravitatorio do planeta e estudar a súa xeoloxía.[1][3][2]

O instrumento principal da nave era unha [[antena] parabólica de 3,7 m de diámetro, usada tanto como SAR como para as comunicacións coa Terra. A altura total da nave era de 6,4 m, cunha envergadura de 9,2 m cos paneis solares estendidos. Baixo a antena atopábase unha sección rectangular coa electrónica da nave, os volantes de inercia e as baterías. Baixo esta sección atopábase un segmento decahédrico que soportaba os paneis solares, o buscador estelar, a antena de media ganancia, a computadora de a bordo e dúas grabadoras de cinta. Por último atopábase o módulo de propulsión.[1][3][2]

Os paneis solares xeraban unha potencia de ata 1029 vatios que alimentabana unha batería de níquel-cadmio a unha tensión de 28 voltios. A nave estabilizábase nos tres eixos mediante tres volantes de inercia ortogonais entre sí. O sistema de propulsión usaba hidracina como propulsante e as comunicacións e as medicións científicas usaban a banda S e banda X.[1][3][2]

Magallanes chegou a Venus o 10 de agosto de 1990. A primeira fase da misión durou oito meses, entre o 15 de setembro de 1990 e o 15 de maio de 1991, durante a cal cartografiou mediante radar o 84% da superficie venusiana. A segunda fase da misión tivo lugar entre o 15 de maio de 1991 e o 15 de xaneiro de 1992, e durante a cal Magallanes cartografiou o polo sur venusiano e encheu os baleiros da cartografía da primeira fase. A terceira fase comezou o 24 de xaneiro de 1992 e durou ata o 15 de setembro de 1992, completando a cartografía e obtendo imaxes adicionais coas que formar imaxes estereográficas da superficie. A cuarta fase transcorreu entre o 15 de setembro de 1992 e maio de 1993 para obter datos gravitatorios. Entre maio e agosto de 1993 Magallanes fixo manobras de aerofreado para rebaixar a órbita. A quinta e última fase tivo lugar entre o 3 de agosto de 1993 e o 29 de agosto de 1994, mellorándose a resolución dos datos sobre o campo gravitatorio. Durante setembro de 1994 Magallanes fixo un experimento denominado de muíño de vento, durante o cal os paneis solares foron colocados en ángulos diferentes, como un muíño de vento, xerando un torque cuxa magnitude daba información sobre a densidade da atmosfera á altura á que estaba viaxando a Magallanes. Finalmente a nave caeu á superficie de Venus o 14 de outubro de 1994.[1][3][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 "Magellan" (en inglés). 1 de xullo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1989-033B. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Magellan" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/magellan.htm. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 3,9 "Magellan" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/magellan.htm. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "MAGELLAN" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=19969. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  5. (PDF) Note verbale dated 19 December 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General. 3 de xaneiro de 1990. pp. 9. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=535. 
  6. "Magellan" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1989.html#Magellan. Consultado o 18 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magallanes