Mae de la Concha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mae de la Concha
Mae de la Concha.jpg
Nacemento25 de xullo de 1954
 Xixón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlibreira e política
editar datos en Wikidata ]

María Asunción Jacoba Pía da Concha García-Mauriño, nada en Xixón o 25 de xullo de 1954, máis coñecida como Mae de la Concha, é unha empresaria libreira e política menorquina de orixe asturiana, deputada polas Illas Baleares no Congreso dos Deputados nas XI e XII lexislaturas. Dende outubro de 2017 é tamén a Secretaria Xeral de Podemos Illas Baleares.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1970 emigrou a Francia, onde traballou de aia e de auxiliar de hospital. Anos despois estabeleceuse en Madrid, onde traballou como secretaria en Yves Rocher e como administrativa no despacho de avogados da rúa de Atocha, 55.[2]

Despois viviu en León, Barcelona e Santander, ata que o verán de 1980 estableceuse en Ciutadella de Menorca. Comezou traballando como secretaria de xulgado ata que en 1990 fundou a libraría La Torre de Papel. Como parte de Podemos, en febreiro de 2015 foi elixida secretaria xeral en Menorca.[3] Foi elixida deputada nas eleccións de 2015 e 2016.[4]

Na conformación das listas electorais de Podemos Illas Baleares para o Parlamento das Illas Baleares nas Eleccións municipais en España de 2019, foi elixida cabeza de lista do partido, obtendo un escano; tralas negociacións co PSOE balear, María Asunción, trala investidura de Francina Armengol como Presidenta do Goberno Balear, converteuse na Conselleira de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mae de la Concha es la nueva secretaria general de Podemos Baleares". Europa Press. 5 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  2. Podemos. "Mae De La Concha García-Mauriño". Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  3. "Podemos elige a Mae de La Concha como líder en Menorca". Infomenorca. 14 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  4. "De la Concha García-Mauriño, María Asunción Jacoba Pía". Congreso dos Deputados. Consultado o 9 de xullo de 2017.