Macrúridos
Macrúridos | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caelorinchus caelorhincus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A dos macrúridos (Macrouridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gadiformes,[1][2] que son coñecidos vulgarmente como granadeiros, peixes rato ou ratos.[3][4]
Encóntranse entre os peixes máis comúns das zonas abisais e están presentes en todos os oceános do mundo.[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1916 polos ictiólogos estadounidenses Charles Henry Gilbert e Carl Leavitt Hubbs.[1] Porén, algúns autores atribúenlle dita descrición, en 1831, ao naturalista francés Charles Lucien Bonaparte,[2] e outros aos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e Barton Warren Evermann, en 1898.[6]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da familia, Macrouridae, está formado polos elementos do VCI macro- e -ur-, tirados do grego antigo μακρός makrós, "grande", e οὐρά ourá, "cola",[7] coa desinencia -idae, "semellantes", plural de -ideus e derivada do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, "aspecto", "aparencia", propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os de cola grande".
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia conta con numerosos xéneros con cerca de 400 especies, distibuídas en catro subfamilias:[1][2]
Familia Macrouridae Gilbert & Hubbs, 1916
- Subfamilia Bathygadinae Jordan & Evermann, 1898
- Subfamilia Macrourinae Bonaparte, 1831
- Subfamilia Macrouroidinae Smith & Radcliffe, 1912
- Subfamilia Trachyrincinae Goode & Bean, 1896
En Galicia
[editar | editar a fonte]En augas galegas están rexistradas, entre outras, as cinco especies seguintes:[3]
- Coelorinchus occa (Goode & Bean, 1885)
- Malacocephalus laevis (Lowe, 1843)
- Nezumia aequails (Günther, 1878)
- Nezumia sclerorhynchus (Valenciennes, 1838)
- Trachyehynchus trachyehynchus (Risso, 1810)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Macrouridae Gilbert and Hubbs, 1916 no ITIS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Macrouridae Bonaparte, 1831 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-870-2, pp. 156-163.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, pp. 95-98
- ↑ Nelson, Joseph S. (2006).
- ↑ Family Macrouridae Jordan and Evermann Arquivado 30 de decembro de 2016 en Wayback Machine. 1898 en Fossilworks.
- ↑ Family Macrouridae - Grenadiers or rattails en FishBase.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macrúridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Macrúridos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |