Macguffin
Macguffin é unha palabra inventada polo director de cine Alfred Hitchcock para referirse a unha cousa, persoa ou motivo que propicia o desenvolvemento dunha determinada historia, mais carente de importancia alén desta.
Concepto[editar | editar a fonte]
O propio Hitchcock explicábao valéndose da seguinte anécdota:
Hitchcock contou moitas veces esta historia para rirse dos críticos dos seus filmes que buscaban unha explicación racional a todo. O que interesa no cine é manipular o espectador, conducilo á súa maneira, sometelo ó ritmo impreso na historia. O que conta para Hitchcock é que o espectador sinta o medo, ao igual ca o heroe ou a heroína. O director fai todo o posíbel para que o proceso de identificación funcione eficazmente.
Así, en Psycho, a comezos do filme, o espectador recoñécese en Janet Leigh, e espera que non sexa castigada polo roubo que cometeu ou agardando que devolva os cartos. Cando é brutalmente acoitelada, o espectador é empurrado a identificarse con Anthony Perkins, sexa coa esperanza de que el vingará ese crime ou ben co devezo dun castigo ao autor, que non é outra persoa que a súa propia nai. Pero o espectador non rematou coas sorpresas, e esquece completamente o macguffin: a razón inicial que empurrou a Janet Leigh a rouba-lo diñeiro do seu xefe.
Tamén existen macguffins puramente ficticios, como por exempo en Coa morte nos talóns. Hitchcock di: