Macedonia (comida)
A macedonia é un prato composto de froita, verdura ou legumes picados ou de pequeno tamaño. A macedonia de froitas é un tipo de ensalada de froitas que se serve fría e como sobremesa especialmente en Grecia, na Romanía, en España,[1] en Francia, en Italia e na Arxentina. A macedonia de verduras é unha ensalada ou aperitivo composto por vexetais picados a cal, en Francia, adoita incluír feixóns. A macedonia de legumes é un prato quente que se serve con manteiga.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra macedonia popularizouse na metade do século XVIII para referirse á ensalada de froitas, talvez debido á diversa procedencia dos habitantes do Reino de Macedonia de Alexandre Magno.[3][4] Tamén hai quen afirma que fai alusión á mestura étina da macedonia otomá do século XIX[5], porén, isto non é posible debido a que xa no 1740 existía esta palabra.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Make time for Macedonia" (28 de xaneiro de 2006) The Times Arquivado 17 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Larousse Gastronomique
- ↑ Juan Antonio Cincunegui (24 de novembro de2002) "La palabra en el tiempo", Nuevo Siglo, Buenos Aires, Argentina
- ↑ Auguste Scheler (1888) Dictionnaire d'étymologie française d'après les résultats de la science moderne p. 313
- ↑ Dimitar Bechev, Historical Dictionary of North Macedonia, Historical Dictionaries of Europe, Edition 2, Rowman & Littlefield, 2019, ISBN 1538119625, Introduction, p. 1.
- ↑ Oxford English Dictionary, 3rd edition, 2000, s.v.
Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |