MACSAT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «MACSAT 2»)

MACSAT (Multiple Access Communications satellite) foi unha serie de dous satélites de comunicacións militares estadounidense.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os dous satélites MACSAT foron a terceira xeración de satélites militares dixitais de comunicacións tácticos para demostrar o uso de UHF para a transmisión de voz, datos, fax e vídeo na modalidade de "gardar e enviar", pola que se envían datos desde terra ao satélite, este gardaos e ao sobrevoar unha estación receptora os envía a terra.[1][2]

Os satélites estabilizábanse mediante gradente gravitatorio mediante un mastro 9 metros cunha masa de 2,3 kg no seu extremo, aínda que o mastro dun dos satélites parece que fallou en despregarse. O corpo dos satélites tiña forma cilíndrica coa superficie cuberta de células solares para producir ata 17 W de potencia, almacenados en baterías de níquel-cadmio de 150 vatio-hora de capacidade. A carga útil, parecida ao do satélite GLOMR, usaba procesadores dixitais duais para proporcionar redundancia e ata 16 MB de almacenamento. Cada satélite dispoñía de dous transmisores sintonizables de 10 W de potencia, un receptor auxiliar de 65 W para a adquisición de comandos e reconfiguración de hardware e dous sistemas de antenas.[1][2]

Ambos MACSAT foron lanzados o 9 de maio de 1990 usando un foguete Scout G1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita duns 600 x 700 km de altura e 90º de inclinación orbital. Un dos satélites foi usado para o envío de mesaxes durante a Guerra do Golfo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2020). "MACSAT" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MACSAT 1, 2" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]