Músculo semimembranoso
| Músculo semimembranoso | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| m. semimembranosus | |||||||||||
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Irrigado por
| |||||||||||
|
Inervado por
| |||||||||||
|
Músculo antagonista
| |||||||||||
|
Orixe do músculo
| |||||||||||
|
Inserción do músculo
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O músculo semimembranoso é un músculo do membro inferior situado por debaixo do músculo semitendinoso no compartimento posterior da coxa.
Características
[editar | editar a fonte]Insírese por riba da pegada superolateral da tuberosidade isquiática e por debaixo principalmente no suco e óso adxacente da superficie medial e posterior do cóndilo tibial medial. As expansións do tendón tamén se insiren e contribúen á formación de ligamentos e fascia que hai arredor da articulación do xeonllo.
Función
[editar | editar a fonte]O semimembranoso flexiona a perna na articulación do xeonllo e estende a coxa na articulación da cadeira. Actuando xunto ao músculo semitendinoso, rota en sentido medial a coxa na articulación da cadeira e a perna na articulación do xeonllo.
Vascularización
[editar | editar a fonte]O semimembranoso está vascularizado por dous grandes vasos: a arteria glútea inferior e a arteria femoral fonda.
Innervación
[editar | editar a fonte]Está innervado pola póla tibial do nervio ciático.