Mónica Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mónica Martínez
Nacemento7 de novembro de 1972
 Zas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Mónica Martínez Lema, nada en Zas o 7 de novembro de 1972, é unha xornalista e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995. Comezou a traballar na Televisión de Galicia en 1996, e presentou o Telexornal Deportes[1] ata 2006. Foi presentadora da información deportiva en Noticias de la Mañana de Antena 3 (2006-2008). Traballou tamén no Xornal de Galicia (2008-2011) e presentou o programa Sin Rodeos en Localia TV da Coruña (2011-2012). Dende 2013 traballa nunha compañía dedicada á publicidade inmobiliaria. Militante de Ciudadanos, foi nas listas ao Congreso dos Deputados nas Eleccións xerais de España de abril de 2019. Foi a candidata á alcaldía da Coruña por esa formación nas eleccións municipais de 2019[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]