Método para a lipofuscina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O método para a lipofuscina é unha técnica para a demostración deste pigmento, creado polo AFIP (Instituto de patoloxía das Forzas Armadas dos EUA).

A lipofuscina é un pigmento marrón dourado formado nos lisosomas de células que sofren auto oxidación progresiva e prolongada de lípidos insaturados. Este pigmento tende a se acumular nas células (nos lisosomas, coma un pigmento en gran de café claro, localizado preto do polo nuclear da célula) cun metabolismo elevado, coma neuronas, epitelio tiroide e tecido muscular, particularmente cardíaco, e aparece sobre todo co avellentamento en casos de deficiencia de vitamina D. Está composto de lipoproteínas, e a súa acumulación nun tecido denomínase lipofucsinosis ou atrofia parda.

Tecido control e diana[editar | editar a fonte]

Os órganos mais afectados son: corazón, fígado e sistema nervioso. O fixador tisular óptimo é o formol 10%, o medio de inclusión preferible é a parafina, e o grosor de corte ideal é de 6 micras.

Reactivos[editar | editar a fonte]

  1. Solución de Carbolfuscina de Kinyoun (filtrar antes de usar):
    1. 4gr Fucsina básica
    2. 8gr Fenol (ácido carbólico) en cristales derretidos
    3. 20cc Alcohol etílico al 95%
    4. 100cc Auga destilada
  2. Solución alcohólica ácida ó 1%:
    1. 1cc Ácido Clorhídrico
    2. 99cc Etanol al 70%
  3. Solución acuosa de ácido pícrico:
    1. 2gr Ácido pícrico
    2. 100cc Auga destilada

Procedemento[editar | editar a fonte]

  1. desparafinar e hidratar as láminas até chegar á auga destilada.
  2. colorear coa solución de carbolfuscina durante unha hora.
  3. enxaugar con auga destilada, varias veces.
  4. diferenciar coa solución de alcohol ácido, mergullando as láminas de 5 a 6 veces, ou até que as seccións tornen dunha cor rosada pálida.
  5. lavar con auga corrente durante 5 minutos e logo enxaugar con auga destilada.
  6. contrastar coa solución de ácido pícrico por 1 minuto aproximadamente.
  7. deshidratar e aclarar co alcohol etílico ó 95 %, alcohol etílico absoluto e xileno, 2 veces cada un, 2 minutos cada un.

Resultados[editar | editar a fonte]

  • Lipofuscina: vermello.
  • Fondo: amarelo.

Os pigmentos amosan unha cor parda fluorescente na luz ultravioleta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnolóxicos. Instituto de patoloxía das Forzas Armadas dos EUA (AFIP). 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]