Máquina hidráulica
Unha máquina hidráulica é unha variedade de máquina de fluído que emprega para o seu funcionamento as propiedades dun fluído incompresible ou que se comporta como tal, debido a que a súa densidade no interior do sistema non sofre variacións importantes.
Convencionalmente especifícase para os gases un límite de 100 mbar para o cambio de presión; de modo que se este é inferior, a máquina pode considerarse hidráulica. Dentro das máquinas hidráulicas o fluído experimenta un proceso adiabático, é dicir, non existe intercambio de calor co contorno.
Clasificación
[editar | editar a fonte]As máquinas hidráulicas pódense clasificar atendendo diferentes criterios.
Segundo a variación de enerxía
[editar | editar a fonte]Nos motores hidráulicos, a enerxía do fluído que atravesa a máquina diminúe, obténdose enerxía mecánica, mentres que no caso de xeradores hidráulicos, o proceso é o inverso, de xeito que o fluído incrementa a súa enerxía ao atravesar a máquina.
Atendendo ao tipo de enerxía fluidodinámica que se intercambia a través da máquina temos:
- Máquinas nas que se produce unha variación da enerxía potencial, como por exemplo, o parafuso de Arquimedes.
- Máquinas nas que se produce unha variación da enerxía cinética, como por exemplo, aeroxeradores, hélices ou turbina pelton. Estas denomínanse máquinas de acción e non teñen carcasa.
- Máquinas nas que se produce unha variación da entalpía (presión), como por exemplo, as bombas centrífugas. Estas máquinas denomínanse máquinas de reacción.
Segundo o tipo de intercambio
[editar | editar a fonte]Tendo en conta a forma coa que se intercambia a enerxía dentro da máquina, temos:
- Máquinas de desprazamento positivo ou volumétricas. Trátase dun dos tipos máis antigos de máquinas hidráulicas e baséanse no desprazamento dun volume de fluído comprimíndoo. O exemplo máis claro deste tipo de máquinas é a bomba de aire para bicicletas. Subministran un caudal que non é constante, para evitalo en ocasións únense varias para lograr unha maior uniformidade. Estas máquinas son apropiadas para subministracións de alta presión e baixos caudais.
Segundo a envoltura
[editar | editar a fonte]Atendendo á presenza ou non de carcasa:
- Máquinas non entubadas como poden ser as máquinas de acción.
- Máquinas entubadas.
Segundo o movemento
[editar | editar a fonte]Existen outros criterios, como a división en rotativas e alternativas, dependendo de se o órgano intercambiador de enerxía ten un movemento rotativo ou alternativo, esta clasificación é moi intuitiva pero non atende ao principio básico de funcionamento destas máquinas.
Na seguinte táboa amósase un resumo da clasificación das máquinas hidráulicas (l=líquido, g=gas).
Motoras | Volumétricas | Alternativas - Bombas de émbolo[1] |
Rotativas - Bombas rotoestáticas | ||
Turbomáquinas | Turbinas hidráulicas[1] Aeroxeradores (g) (Máquina axial) | |
Xeradoras | Volumétricas | Alternativas - Bombas de émbolo |
Rotativas - Bombas rotoestáticas | ||
Turbomáquinas | Bombas rotodinámicas ou centrífugas (máquina radial) (l) Ventiladores (g) (Máquina axial) |
Compoñentes
[editar | editar a fonte]- Bombas
- Válvulas de control
- Actuadores
- Depósitos
- Acumuladores
- Tubos e mangueiras
- Xuntas e peches
- Intercambiadores
- Fluído hidráulico
- Sistemas de filtración
- Parafusos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 As máquinas volumétricas, exceptuando algunhas máquinas rotoestáticas que polo seu deseño non poden inverter o seu movemento, son reversibles, de modo que poden funcionar indistintamente como xeradoras ou motoras
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Máquina hidráulica |