Mámoa de Boi Morto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A mámoa do Boi Morto é un monumento megalítico situado situado no lugar de Fraíz, na Estrada, no linde co lugar de Valadares (Forcarei), tamén coñecido co nome de Campo da Mámoa. Está formado por unhas cinco mámoas, non moi separadas unhas das outras. Ao lado das mámoas atópase a chamada lagoa Sacra de Olives, sobre a que se contan diversas lendas.