Luís Pérez Carballa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 Sanxenxo, España |
Morte | 15 de marzo de 1937 (55/56 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , militar |
Lingua | Lingua castelá |
Luís Pérez Carballa, nado en Sanxenxo en 1881 e finado en Ferrol o 15 de marzo de 1937, foi un médico e militar galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coronel médico da Armada retirado. Membro da Irmandade da Fala de Ferrol, asinou o Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo. Foi conferenciante do Ateneo Ferrolán e membro da loxa masónica Breogán. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ferrol e condenado a morte en consello de guerra. Foi fusilado en Ferrol o 15 de marzo de 1937.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Luís Pérez Carballa na páxina web Nomes e Voces.