Luís Carragal Peón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Carragal Peón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1894 Editar o valor em Wikidata (130 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luís Carragal Peón, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1894,[1] foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Concepción Peón López. Foi mestre de Cela (1924), O Hío (1926) e Quíntela (1927). Dende 1929 foi mestre da escola de Budiño, e entre 1932 e 1936 desenvolveu coa axuda da sociedade Fomento de Porriño y su Distrito a Cooperativa Agrícola Escolar de Budiño.[2] Foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (UGT)[3] e colaborou en La Hora. Foi presidente da Sociedad-Sindicato La Progresiva de Budiño.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en setembro, foi reposto en decembro con suspensión de emprego e soldo dun mes.[5] Depurado, foi sancionado co trasladado fóra da provincia e inhabilitado para cargos directivos e de confianza en xuño de 1940 e destinado a Noviercas (Soria),[6] despois foi mestre en Simes (Meaño) dende 1946. Nos anos corenta colaborou en Spes. O seu traballo "La Agricultura en la Escuela" foi premiado polo Ministerio de Agricultura en 1950.[7] Xubilouse por imposibilidade física en 1959.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes (1934). Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933 (en castelán). Nueva imprenta radio. p. 86. 
  2. Cooperativa Rural Escolar aneja a la nacional de niños
  3. El Pueblo Gallego, 3-11-1933, p. 5.
  4. El Pueblo Gallego, 19-6-1934, p. 12.
  5. Diario de Pontevedra, 5-12-1936, p. 2.
  6. El Noticiero Gallego, 25-8-1940, p. 2.
  7. La Noche, 24-5-1950, p. 2.
  8. El Pueblo Gallego, 4-1-1959, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]