Luna (foguete)
Aparencia
| Luna / 8K72 | |
|---|---|
| Función | Lanzador espacial lixeiro. |
| país de orixe | Unión Soviética |
| Tamaño | |
| altura | 30,84 m[1] |
| diámetro | 2,60 m[1] |
| masa | 277.000 kg[1] |
| Etapas | 2[1] |
| Carga LEO | |
| masa | 4000 kg[1] |
| Carga órbita de inxección transluar | |
| masa | 280 kg[1] |
| foguetes derivados | |
| Familia | R-7 |
| Lanzamento históricos | |
| Estado | Retirado[1] |
| Sitios | Cosmódromo de Baikonur[1][2] |
| Total de lanzamentos | 9[1][2] |
| exitosos | 3[1][2] |
| fallos | 5[1][2] |
| Fallos parciais | 1[1][2] |
| Voo inaugural | 23 de setembro de 1958[1][2] |
| Último voo | 16 de abril de 1960[1][2] |
| Acelerarores – 8K72-0[1][2] | |
| altura | 19,0 m[1][2] |
| diámetro | 2,68 m[1] |
| masa baleiro | 3800 kg[1] |
| masa cheo | 43.400 kg[1] |
| impulsado por | 1 RD-107-8D74-1958[1] |
| potencia máxima | 990,0 kN (no baleiro)[1] |
| Impulso específico | 254 s (a nivel do mar), 312 s (no baleiro)[1] |
| propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
| Primeira etapa – Luna 8K72-1[1] | |
| altura | 28,0 m[1] |
| diámetro | 2,60 m[1] |
| masa baleiro | 6900 kg[1] |
| masa cheo | 95.300 kg[1] |
| impulsado por | 1 RD-108-8D75-1958[1] |
| potencia máxima | 936,5 kN[1] |
| Impulso específico | 320 s (246 s a nivel do mar)[1] |
| propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
| Segunda etapa – Luna 8K72-2[1] | |
| altura | 2,84 m[1] |
| diámetro | 2,56 m[1] |
| masa baleiro | 1120 kg[1] |
| masa cheo | 8100 kg [1] |
| impulsado por | 1 RD-0105[1] |
| potencia máxima | 49,0 kN[1] |
| Impulso específico | 316 s[1] |
| propelente | Oxíxeno líquido e queroseno[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Luna ou Luna 8K72, código GRAU 8K72 e tamén coñecido como Vostok-L, foi o nome dun modelo de foguete espacial soviético activo entre 1958 e 1960.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]O 8K72 foi un foguete derivado do mísil R-7 (do que derivan tamén outros foguetes, como o lanzador Soiuz). Foi desenvolvido nos inicios da era espacial como medio para lanzar as primeiras sondas luares e foi o primeiro lanzado soviético en resolver o problema da ignición dunha etapa de foguete en gravidade cero.[1][2]
Luna foi lanzado un total de nove veces, todas desde o cosmódromo de Baikonur, con cinco fallos e un éxito parcial.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Voo[2] | Data[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
|---|---|---|---|---|
| 1 | 23 de setembro de 1958 | Luna 1a | Fallo | Primeiro voo dun Luna. Desintegración do foguete aos 93 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores. |
| 2 | 11 de outubro de 1958 | Luna 1b | Fallo | Desintegración do foguete aos 104 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores. |
| 3 | 4 de decembro de 1958 | Luna 1c | Fallo | Apagado prematuro da etapa principal debido á falta de lubricación na bomba de peróxido de hidróxeno. |
| 4 | 2 de xaneiro de 1959 | Luna 1 | Éxito | Primeiro voo exitoso dun foguete Luna. |
| 5 | 18 de xuño de 1959 | Luna 2 | Fallo | O sistema inercial fallou aos 153 segundos do lanzamento. O foguete foi destruído desde terra. |
| 6 | 12 de setembro de 1959 | Luna 2 | Éxito | |
| 7 | 4 de outubro de 1959 | Luna 3 | Éxito | |
| 8 | 15 de abril de 1960 | Luna 4a | Fallo parcial | A última etapa non se acendeu, co que o satélite quedou nunha traxectoria suborbital que o levou ata os 200.000 km de altura antes de volver a caer á Terra. |
| 9 | 16 de abril de 1960 | Luna 4b | Fallo | Último lanzamento dun foguete Luna. Un dos aceleradores non alcanzou a potencia prevista e catro décimas de segundo despois do lanzamento separaouse do foguete principal, deixando a este sen potencia necesaria para alcanzar órbita. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 Mark Wade (2011). "Luna 8K72" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-L (8K72)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2013.