Luminița Anghel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1968 (55 anos) Bucarest, Romanía |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Romanía |
Actividade | |
Ocupación | cantante , política |
Período de actividade | 1976 - |
Partido político | Partido Socialdemócrata |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua romanesa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Roton Music (en) |
Participou en | |
19 de maio de 2005 | Festival Eurovisão da Canção 2005 (pt) |
Páxina web | luminitaanghel.ro |
Luminița Anghel, nada en Bucarest o 7 de outubro de 1968, é unha cantante e presentadora romanesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Con oito anos comezou o seu interese pola música, graduándose mais tarde na Escola de Arte Popular, onde tomou leccións na especialización en música lixeira.
En 2003 conseguiu o primeiro posto no festival Mamaia de Romanía. Nas edicións dos anos 1995 e 1996 quedaría no terceiro posto. Nese mesmo ano no festival Voice of Asia celebrado en Casaquistán acadou o premio á mellor cantante internacional.
Eurovisión[editar | editar a fonte]
No ano 2005, Luminița participou no festival de Eurovisión celebrado en Kíiv, Ucraína coa canción "Let Me Try" ("Déixame intentalo") onde quedou primeira na súa semifinal e terceira na gran final cunha puntuación de 235 puntos.
No ano 2010, xunto a Tony Tomas e Adrian Piper intentou volver a Eurovisión presentando a canción "Save Their Lives" ("Salva as súas vidas").