Luis Miguélez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1963 (61 anos) Bembibre, España |
Actividade | |
Ocupación | compositor, cantante |
Instrumento | Voz |
Luis Miguélez é un guitarrista, cantante e compositor español, nado en Bembibre o 16 de outubro de 1963. Naceu coa subcultura xurdida da movida madrileña. Estivo vinculado a formacións moi influentes na década dos 80 como Pedro Almodóvar e McNamara ou Alaska y Dinarama. O seu estilo flutuou entre o glam rock ata a música pop, centrándose especialmente na súa faceta de guitarrista. Con diferentes formacións ou en solitario, mantívose en activo ata a actualidade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anos 80: Almodóvar y McNamara, Alaska y Dinarama e Fanny y los +
[editar | editar a fonte]Ó comezar os 80, tras abandonar o seu León natal, empezou a súa colaboración co director de cine Pedro Almodóvar e co polifacético Fabio McNamara no dúo cabareteiro Almodóvar y McNamara. Obteñen gran repercusión con cancións como "Voy a ser mamá", "Susan get down" ou "Suck it to me".
Despois desta primeira experiencia intégrase como guitarrista en Alaska y Dinarama, un dos grupos máis influentes da década, cos que edita cinco discos entre 1983 e 1990 ó disolverse a formación. O papel de Miguélez na formación non só se limitaba a tocar a guitarra ou facer coros, pois tamén compuxo cancións, como "Fly acid fly", ou executaba a programación de teclados.
Simultaneamente creou a súa propia banda xunto a Fabio McNamara e Juan Tormento. En 1986 editan o seu primeiro disco, chamado Fanny y los + que obtén escasa repercusión.
Anos 90: Fangoria, McNamara e experiencias en solitario
[editar | editar a fonte]Luis Miguélez foi integrante da primeira etapa de Fangoria, a nova formación creada en 1990 por Alaska e Nacho Canut tras Alaska y Dinarama. Aínda que axiña termina a súa colaboración, asina un dos temas máis célebres da formación: En mi prisión. Posteriormente, en solitario, edita un disco titulado Metálicos.
Ó longo dos 90 compón cancións para artistas como Lola Flores, Alejandro Sanz, Baccara, Los niños del Brasil ou Serafín Zubiri, para quen crea a canción que representou a España no Festival de Eurovisión de 1992, titulada "Todo esto es la música".
En 1995 aparece A tutti plein, gravación para Manzana Records asinada por McNamara, que non obtén o recoñecemento esperado. Pecha a etapa en 1999, editando Guitar devotion, un disco en solitario, sendo unha das cancións -"How do you do?"- coñecida por unha campaña publicitaria dunha compañía telefónica.
Os 2000: McNamara, Glamour to Kill e experiencias en solitario
[editar | editar a fonte]En 2001 McNamara edita Rockstation para o selo Boozo Music. Este é un disco aclamado pola crítica, que inclúe un celebrado himno gai: "Mi correo electrónic...oh!". Trátase do disco máis popular de McNamara e, novamente, vincula a Luis Miguélez coa música dirixida a un público gai.
Posteriormente culmina outro álbum de culto: Alto Standing. No disco colaboran numerosas travestis moi coñecidas en España como Psicosis Gonsáles, La Prohibida, Diossa y Malizzia ou Paranoika Gonsales.
En 2001 decide trasladarse desde Madrid a Berlín, onde crea xunto a Antonio Glamour e Juan Tormento Glamour to Kill, unha banda de inspiración glam rock que edita dous discos: Music pour the ratas e Pecados eléctricos. Obteñen gran popularidade nos mercados anglosaxóns. A súa produción máis recente foi a creación de "Tú eres pop", sintonía do programa de Radio 3 Diario Pop, e de Gritando amor, un recompilatorio de rarezas e grandes éxitos da súa produción dos últimos 15 anos, baixo o nome de Glitter Klinik.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Almodóvar y McNamara
[editar | editar a fonte]- Cómo está el servicio... de señoras, (1983)
Con Alaska y Dinarama
[editar | editar a fonte]- Canciones profanas, (1983)
- Deseo carnal, (1984)
- No es pecado, (1986)
- Diez, (1987)
- Fan fatal, (1989)
Con Fanny y los +
[editar | editar a fonte]- Fanny y los +, (1986)
Con Fangoria
[editar | editar a fonte]- Salto mortal, (1990)
Con McNamara
[editar | editar a fonte]- A tutti plein, Manzana Records (1995)
- Rockstation, Boozo Music (2001)
- Maricloneando (recompilación), Susurrando (2007)
Con Glamour to Kill
[editar | editar a fonte]- Music pour the ratas, Subterfuge Records (2004)
- Pecados eléctricos, Subterfuge Records (2006)
En solitario
[editar | editar a fonte]- Metálicos
- Guitar devotion, (1999)
- Alto standing, (2001)
- Gritando amor, (2007)