Lucía Martín González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1979 (45 anos) Lugo, España |
Deputada de España | |
13 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Actividade | |
Ocupación | política, enxeñeira |
Partido político | Catalunya en Comú (2017–) |
Lucía Martín González, nada o 15 de xaneiro de 1979 en Lugo, é unha enxeñeira e política galega, deputada do Congreso dos Deputados na XI lexislatura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en enxeñaría química, ten estudos de doutoramento en Ciencias Ambientais. Traballou na inspección de plantas de tratamento de residuos e estudando os procesos biolóxicos para eliminar contaminantes do medio ambiente. Radicada en Terrassa, participou en actividades reivindicativas no Ateneu Candela.[1]
En 2009, formou parte do grupo impulsor da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, onde contactou con Ada Colau, formando parte do seu equipo en Barcelona en Comú para as eleccións municipais de España de 2015.[2] Nas eleccións xerais de 2015 e 2016, foi elixida deputada por Barcelona na coalición En Comú Podem.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lucía Martín González Arquivado 12 de outubro de 2017 en Wayback Machine. na web de En Comú Podem
- ↑ Nosotros sí sabemos quién ganó las elecciones: la que había detrás de Ada Colau Arquivado 21 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine., Revista GQ, 21 de decembro de 2015
- ↑ "Ficha de Lucía Martín González no Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2021.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucía Martín González |