Lucía Cernadas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1997 (26/27 anos) Cecebre, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | cantante, poetisa |
Lucia Cernadas Varela, nada en Cecebre (Cambre) en 1997, é unha cantante e poeta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Bacharelato no IES Afonso X O Sabio de Cambre. Estudou Filoloxía Inglesa e Galego-Portuguesa na Universidade da Coruña e en 2023 traballa como profesora de galego na Universidade de Oxford. En 2015 gañou o III premio escolar da Fundación Rosalía de Castro na modalidade de Bacharelato.[1] En 2016 gañou o XXIII Certame literario de poesía e narración breve do concello de Cambre. En 2017 gañou o XXIV Premio de Creación Literaria e Ensaio da Facultade de Filoloxía.[2] En 2019 autopublicou o poemario Sutura baixo o paraugas de Leite Edicións.[3] Estuda na Universidade da Coruña, onde realiza simultaneamente o Grao en Inglés e o Grao en Galego e Portugués. É a presidenta do coro Cantabile desde marzo de 2019.
Obras
[editar | editar a fonte]- Sutura, 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Los premios escolares de la Fundación Rosalía se fueron a Cambre, Porriño y Moraña
- ↑ XXIV Premio de Creación Literaria e Ensaio
- ↑ "Leite Edicións". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- #FamiliaCantabile: Jesús Rodil e Lucía Cernadas Arquivado 17 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.