Saltar ao contido

Lucio Cabañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucio Cabañas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Atoyac de Alvarez, México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Técpan de Galeana, México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesProfe Cabañas Editar o valor en Wikidata
EducaciónAyotzinapa Rural Teachers’ College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, militar, Q118445224 Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeParty of the Poor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lucio Cabañas Barrientos, nado en El Porvenir, Atoyac de Álvarez (Guerrero) o 12 de decembro de 1938 e finado en Técpan de Galeana (Guerrero) o 2 de decembro de 1974, foi un mestre rural mexicano, formado na Escuela Normal Rural de Ayotzinapa. Foi, amais, líder estudantil e xefe do grupo armado Partido de los Pobres na serra de Guerrero durante a década de 1970.

Un dos seus tíos, Pablo Cabañas, combateu xunto a Silvestre Mariscal, Prisciliano Padilla, Baldomero Vidales, Amadeo Vidales e Abacuc Román Godínez, así como con Jacobo Gámiz, irmán do campesiño e guerrilleiro Arturo Gámiz García, quen comandou o asalto ao cuartel de Madera.

Lucio naceu nun fogar campesiño. O seu avó paterno fora zapatista e o seu tío Pablo participara na guerrilla dos irmáns Vidales na década de 1920. Cursou a educación básica na localidade de El Cayaco e en febreiro de 1956 entrou na Escuela Normal Rural de Ayotzinapa.

Inicios políticos

[editar | editar a fonte]

Durante a súa estadía na Escuela Normal Rural de Ayotzinapa constitúese como líder estudantil e afíliase ás Mocidades do Partido Comunista. A súa formación política iniciouse na Asociación Cívica Guerrerense (ACG), que daquela dirixía Genaro Vázquez. Posteriormente foi elixido Secretario Xeral da Federación de Estudantes Campesiños Socialistas de México para o período 1962-1963. Lucio decide afastarse da ACG e achegarse máis ao Partido Comunista Mexicano (PCM).

A principios de abril de 1967, Lucio e algúns profesores da escola Juan Álvarez, xunto con outros membros da ACG, da Confederación Campesiña Independente e das colonias populares, fundaron o chamado Frente de Defensa de los Intereses de la Escuela Juan Álvarez. Lucio convocou unha manifestación en Atoyac o 18 de maio de 1967. A policía xudicial do estado interveu para desaloxar a Praza Cívica a base de tiroteos. O principal obxectivo era o propio Lucio Cabañas.

A clandestinidade

[editar | editar a fonte]

En abril de 1974 a guerrilla dirixida por Lucio Cabañas decidiu secuestrar a Rubén Figueroa, senador da República e candidato ao goberno do estado de Guerrero. Lucio e Figueroa acordaron unha reunión para o 30 de maio de 1974 ás 9 da mañá, nun cruzamento de camiños que ían de San Jerónimo á localidade de El Ticuí, moi preto de Atoyac. Figueroa foi liberado o 8 de setembro por un operativo policíaco nun axitado enfrontamento. Porén, outras versións afirman que se pagou un rescate para a súa liberación.[1]

Tras deste acontecemento o estado responde con toda a forza contra a guerrilla de Lucio Cabañas e inicia a persecución deste.

Durante a madrugada do 2 de decembro de 1974 deuse o último enfrontamento con tropas militares, e iniciouse un tiroteo na selva cafetaleira El Otatal. No tiroteo, Lucio e os seus compañeiros foron sorprendidos polo exército. Segundo unha versión do acontecido, Lucio Cabañas, ao decatarse de que non había saída, para evitar caer en mans do exército, dirixiu o canón do seu rifle M-2 ao pescozo e apertou o gatillo. O capitán Bravo Torres correu até o corpo e disparoulle o tiro de graza.[2] Con todo, nas imaxes do cadáver mostradas á prensa, non parecía haber impactos de bala no pescozo.

Obras e legado

[editar | editar a fonte]
Estatua en Atoyac de Álvarez
  • O escritor Carlos Montemayor relata a historia do Partido de los Pobres no libro Guerra en el Paraíso, de 1990.
  • O libro El guerrillero, escrito por Camarada Ernesto, fai referencia a Lucio Cabañas, ao PDLP e á serra.
  • O documental "La Guerrilla y la Esperanza: Lucio Cabañas", de 2005, narra a vida do guerrilleiro.

Algúns grupos guerrilleiros como Tendencia Democrática Revolucionaria-Ejército del Pueblo, Ejército Revolucionario del Pueblo Insurgente e o Ejército Popular Revolucionario, no estado de Guerrero, recollen como influencia directa a metodoloxía e o achegamento ás comunidades indíxenas.[3]

  1. Servicio Internacional para la Paz (SIPAZ). "Guerrero: fechas claves - 20.04.1971 => 31.01.1975 : Gobierno de Israel Nogueda Otero - PRI". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2007. Consultado o 14 de agosto de 2007. 
  2. Semanario Proceso, 20 de outubro de 2002.
  3. "República Mexicana, 18 de Mayo de 2001". Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bellingeri, Marco. Del agrarismo armado a la guerra de los pobres. Ensayos de guerrilla rural en el México contemporáneo, 1940-1974. Ediciones Casa Juan Pablos, México
  • Reyes Peláez, Juan Fernando. Introducción a la historia de la guerrilla en México. 1943-83, Editorial Lulu

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]