Lucien Roisin Besnard
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 16 de febreiro de 1943 ![]() Barcelona, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | editor, fotógrafo ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial ![]() |
![]() |

Lucien Roisin Besnard (L. Roisin), nado en París en 1884 e finado en Barcelona en 1943,[1] foi un fotógrafo e editor francés da primeira metade do século XX, establecido en Barcelona e coñecido pola gran cantidade de postais que fixo de moitos lugares da xeografía española, entre eles Galicia.[2]
Dedicouse, como editor, principalmente ao negocio das postais pois utilizou en moitos casos imaxes tomadas por outros fotógrafos. Tivo unha tenda na Rambla de Santa Mònica de Barcelona, La Casa de la Postal, onde a súa familia continuou o negocio ata 1962. O seu arquivo consta de 77.200 imaxes (33.100 negativos + 44.100 positivos -postais-).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica publicada na Vanguardia Española o 27 de febreiro de 1943.
- ↑ "Lucien Roisin, 1884-1943: Selecció d'imatges d'Espanya dels anys vint als cinquanta". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 12 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucien Roisin Besnard ![]() |