Lucas etc.
Aparencia
| Lucas etc. | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata |
Lucas etc. é unha serie de televisión belga composta por dúas tempadas de 52 episodios de 7 minutos, dirixida por Lionel Delhaye, Jerome Dernovoi e Benjamin Torrini. Este último tamén escribiu o guión con Xavier Vairé.
Estreouse dobrada en galego na plataforma do Xabarín da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Esta serie belga conta as aventuras de Lucas, de 12 anos, que chega á súa nova familia mixta. Era fillo único, pero agora Lucas estará rodeado por dúas irmás e un irmán.[2][3]
Produción
[editar | editar a fonte]A serie foi producida por Dylan Klasse e Christian Delhaye. As produtoras son Narrativ Nation, RTBF-OUFtivi, Screenbrussels[2][4] e Ketnet.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Lucas etc. en galego na plataforma do Xabarín". Consultado o 1 de xuño de 2024.
- 1 2 screen.brussels, ed. (2017-05-19). "Lucas Etc… - Saison 1" (en francés). Consultado o 2019-08-13.
- ↑ screen.brussels (ed.). "Lucas Etc… - Saison 2" (en francés). Consultado o 2020-01-27.
- ↑ screen.brussels (ed.). "Lucas Etc… - Saison 2" (en francés). Consultado o 2020-01-27.