Lucas Amil Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucas Amil Mosquera
Nacemento5 de xullo de 1909
 Apeadeiro, Cecebre, Cambre
Falecemento26 de decembro de 2004
 México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Lucas Amil Mosquera, nado en Apeadeiro (Cambre) o 5 de xullo de 1909 e finado en México o 26 de decembro de 2004, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Auxiliar naval da Mariña de guerra. Entrou como aprendiz mariñeiro en agosto de 1926 e ascendeu a cabo de marinería en 1934. Ingresou na Agrupación Socialista de Ferrol en 1931. Prestou servizo no Nautilus, Galatea, Cervera e o cruceiro Libertad, onde se encontraba cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Durante a guerra civil estivo destinado na Base Naval de Cartaxena onde ingresou na Agrupación Socialista en abril de 1937. Foi secretario do Comité Central da Frota Republicana, membro do Comité de Goberno no cruceiro Libertad e oficial 1º en lanchas torpedeiras. Foi promovido a auxiliar alumno naval en novembro de 1937. Coa derrota da República marchou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Posteriormente exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do vapor Mexique.[1] Traballou nunha fábrica de tecidos. Residiu en Chihuahua. Formou parte da Agrupación Socialista Española de México. En 1955 visitou España por primeira vez, sendo sometido a estreita vixilancia pola guardia civil. Posteriormente regresou en varias ocasións, a última polo seu noventa aniversario.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]