Lucía Lapiedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucia lapiedra interview 2.jpg

Miriam Sánchez Cámara, máis coñecida como Lucía Lapiedra, nada o 31 de xaneiro de 1981, é unha ex actriz porno e personalidade mediática española.

Biografía[editar | editar a fonte]

Sendo nena os seus pais divorciáronse e Lucía perdeu o contacto coa súa nai, criándose co seu pai, o seu irmán e a súa madrasta. Estudaba enxeñería informática na Universidade Pontificia de Salamanca (campus de Madrid) e afirma que era unha moza completamente "normal" e que xamais pensou en dedicarse á pornografía. A finais de 2004, coñeceu ao director de cine porno español Ramiro Lapiedra, ex mozo da actriz porno Celia Blanco, co que iniciou unha relación sentimental e quen a convidou a introducirse na industria do porno española. Ramiro Lapiedra comezou a ser o seu representante ademais de noivo e por el adquiriu o seu apelido artístico.

Lucía Lapiedra comezou a ser coñecida en España a principios de 2005, grazas ás súas aparicións no programa de televisión Crónicas Marcianas [1], retransmitido pola canle Telecinco, nas que acompañada polo reporteiro Javier Deltell, acudía polas rúas de Barcelona espíndose e filmando as reaccións da xente. A pesar de declararse actriz porno por aquel entón, non existían películas súas á venda. Meses despois realizou unha aparición na película de cine convencional español Torrente 3, dirixida por Santiago Segura, adquirindo aínda máis fama mediática e segundo ela mesma afirma, compaxinando o seu traballo na industria X española coa prostitución e con frecuentes aparicións en discotecas mentres sufría adicción á cocaína.

Non foi ata a segunda metade de 2005 cando realmente comezou a aparecer nun escaso número de películas pornográficas, na súa inmensa maioría dirixidas polos Irmáns Lapiedra, con excepción de 2 escenas rodadas para a produtora do actor e director porno Nacho Vidal a principios de 2006.

Na primeira das escenas que rodou para Nacho Vidal, aparece practicando sexo cunha muller enmascarada. Cando a película se lanzou ao mercado en febreiro de 2006, Lucía realizou unhas declaracións á prensa do corazón afirmando que a muller era unha famosa personalidade española que aparecía a miúdo en programas do corazón, cando en realidade era unha actriz porno brasileira non moi coñecida chamada Morgana.

De actriz porno a personaxe público[editar | editar a fonte]

En abril de 2006, a relación sentimental entre Lucía Lapiedra e Ramiro Lapiedra rompeu. No verán de 2006 Lucía comezou a traballar como colaboradora no programa de televisión TNT da canle español Telecinco, e poucas semanas despois empezáronse a oír ruxerruxes na prensa rosa de que mantiña unha relación sentimental co xornalista deportivo José Manuel Estrada, máis coñecido como Pipi Estrada, que máis tarde foron confirmados por ambos. Desde ese momento a fama de Lucía Lapiedra comezou a medrar espectacularmente. Lucía afirmou estar moi namorada de Pipi Estrada e desvinculouse completamente da industria X, retirándose como actriz porno, durando así a súa carreira como actriz porno a penas 1 ano e medio, cambiando o seu nome artístico Lucía Lapiedra polo seu nome real Miriam Sánchez e comezando a frecuentar programas de prensa rosa nos que acusaba a seu ex noivo e antigo representante Ramiro Lapiedra de abusos e maltratos físicos e psicolóxicos, acusacións que o director porno nega.

No 2006 tamén volveu a colaborar de novo no cine convencional español, aparecendo na película Isi/Disi: Alto Voltaje, dirixida por Miguel Ángel Lamata, estreada nos cines españois o 1 de decembro de 2006. Así mesmo, traballou tamén no consultorio sexual da revista FHM respondendo ás preguntas dos lectores.

Na actualidade está retirada e completamente desvinculada do porno e superou a súa adicción á cocaína, da que afirma terse recuperado completamente desde hai tempo grazas á axuda do seu mozo Pipi Estrada, do cal ten o nome tatuado no antebrazo. En maio de 2007 tiveron unha filla chamada Miriam. Afirma ter intencións de introducirse na industria do cine convencional.

A principios de 2008, decidiu participar no reality show da canle Telecinco Supervivientes, segundo afirmou, como unha plataforma que lle servise para darse a coñecer como realmente é, distanciándose así estelarmente da súa antigua imaxe de actriz porno e dándose a coñecer aínda máis como personaxe mediático da televisión española. O 27 de marzo de 2008 o concurso finalizou e Lucía Lapiedra (Miriam Sánchez) foi a gañadora, levando un premio de 200.000 .

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucía Lapiedra Modificar a ligazón no Wikidata