Luís García Caamaño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Noia, España ![]() |
Morte | maio de 1929 ![]() Noia, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , empresario , político ![]() |
Luís García Caamaño, nado en Noia e finado no mesmo concello en maio de 1929,[1] foi un avogado, empresario e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Félix García Somoza e Blanca Caamaño Bolívar. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1907.[2] Foi fundador e presidente da asociación Los Sports creada en 1909. Propietario da fábrica de conservas La Noyesa. Foi presidente da Juventud Maurista constituída en 1918 e dirixiu o semanario Renovación. A principios dos anos vinte marchou Nova York desde onde enviou crónicas a La Voz de Galicia e El Progreso. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Noia en febreiro de 1924.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Blanca Maraury Barredo en 1915.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ferrández Pérez, Daniela (2019). Nuevos y viejos actores: clientelismo político y poder local en perspectiva comparada (1905-1936) (PDF) (Tese) (en español). USC.