Luís Campo Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Campo Fernández
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luís Campo Fernández, nado en Chantada en 1907 e finado en Lugo o 11 de setembro de 1985,[1] foi un avogado, político e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da Comisión Xestora de Chantada o 26 de xullo. Cesou en outubro. Foi xuíz de Chantada (1939). Volveu ser nomeado alcalde o 11 de agosto de 1944 e cesou en abril de 1949. En 1954 foi nomeado fiscal comarcal de Lalín, Rodeiro e Silleda.[2] Despois exerceu como fiscal Monforte e na Audiencia Provincial de Ourense. Afeccionado á historia, publicou en El Progreso unha serie de 14 artigos sobre casas fidalgas titulada 'Alrededores de una Vieja Casa de Chantada', e escribiu varios libros sobre a comarca de Chantada. Finou en Lugo o 11 de setembro de 1985


Predecesor:
Casimiro Míguez Regal
 
Alcalde de Chantada
 
1936
Sucesor:
Adolfo Gómez Montero
Predecesor:
Rafael Fernando Otero Soto
 
Alcalde de Chantada
 
1944 - 1949
Sucesor:
Joaquín Yebra-Pimentel Vidal

Obras[editar | editar a fonte]

  • Historia del priorato del Monasterio de San Salvador de Asma.
  • Genealogía y heráldica de la casa de Basán Grande y del Pazo de la Penachá, 1973.
  • Casas hidalgas de Saviñao, Chantada y de otras tierras, 1979.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Chantada leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 13-9-1985, p. 26.
  2. El Pueblo Gallego, 24-3-1954, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]