Casimiro Míguez Regal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCasimiro Míguez Regal
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Chantada
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata

Casimiro Míguez Regal, coñecido como Majá, nado cara a 1883 e finado en Chantada o 23 de decembro de 1968, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante en Chantada. Foi concelleiro de elección popular de Chantada durante a República. Foi nomeado alcalde de Chantada en 1933. Volveu ser alcalde de Chantada de maio e novembro de 1935. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, volveu ser alcalde de Chantada. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidade civil en 1937[1], foron postos a poxa os seus bens,[2] e sufriu expediente de responsabilidades políticas. Finou en Chantada o 23 de decembro de 1968 con 85 anos.[3]


Predecesor:
Antonio Noguerol Eyré
 
Alcalde de Chantada
 
1933 - 1934
Sucesor:
Celestino Noguerol Fernández
Predecesor:
Emilio Valladares González
 
Alcalde de Chantada
 
1935
Sucesor:
Ramón Montes Ledo
Predecesor:
Darío Rodríguez Fernández
 
Alcalde de Chantada
 
1936
Sucesor:
Luís Campo Fernández

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Amadora Fernández e foi pai de Amada e Mercedes Míguez Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE, 17-4-1938, p. 6829.
  2. BOP Lugo, 20-8-1938, p. 2.
  3. El Progreso, 24-12-1968, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]