Luís Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís Calvo Sanz»)
Infotaula de personaLuís Calvo
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1897 Editar o valor em Wikidata
Q52601693 Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Calvo Pumpido Editar o valor em Wikidata

Luís Calvo Sanz, nado en Santa Marina de Somoza (Santa Colomba de Somoza, León) o 19 de xullo de 1897 e finado en Carballo o 7 de xullo de 1980,[1] foi un empresario galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Calvo Pérez, que rexentaba un almacén de coloniais en Carballo. Cando morreu o pai en 1902, herdou xunto á súa nai o negocio familiar. Estudou nos Escolapios de Monforte de Lemos e fixo o bacharelato na Coruña no Colexio Dequidt, despois estudou a carreira de profesor mercantil. En 1928 coñeceu a Emilio González López, co que estableceu unha fonda amizade, e afiliouse á ORGA. Coa proclamación da Segunda República foi elixido concelleiro de Carballo. Militante de Izquierda Republicana, formou parte da Comisión Xestora da Deputación da Coruña constituída en marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión, resultou absolto, pero foi sancionado por "Responsabilidades Políticas". Na posguerra montou unha fábrica de carne en latas. Cando un decreto prohibiu a conserva de carnes decidiu transformala en fábrica de fabada en conserva, orixe do Grupo Calvo. Despois pasou ao escabeche. Nos anos sesenta introduciuse no bonito co invento dunha empacadora de atún. Finou en en Carballo o 7 de xullo de 1980.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1996 recibiu a Medalla de Prata de Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1934 con María Dolores Pumpido Esperante e foi pai de Manuel e José Luis Calvo Pumpido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-7-1980, p. 56.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]