Loricados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Loricata»)
Loricata
Rango fósil: Olenekiano - Actual
(desde hai 247 millóns de anos)

Esqueleto de Prestosuchus chiniquensis, un loricado inicial.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
(sen clasif.): Paracrocodylomorpha (clado sen categoría)
(sen clasif.): Loricata (clado sen categoría)
Subtaxons

Os loricados (Loricata) son un grupo de réptiles que inclúe os crocodilianos e os seus antepasados. Foi nomeado polo naturalista alemán Blasius Merrem na súa obra de 1820 Versuch eines Systems der Amphibien. Merrem considerábao un dos tres grupos de Pholidota (réptiles); os outros dous eran Testudinata (tartarugas) e Squamata (lagartos e serpes).[1] Loricata foi un nome antigo para a orde que comprende os crocodilos, aligátores e gaviais, a cal agora se denomina Crocodylia.

O nome Loricata adqiriu unha nova definición filoxenética en 2011. O paleontólogo Sterling J. Nesbitt no seu estudo da filoxenia temperán dos arcosauros definidos como o clado máis inclusivo que contén Crocodylus niloticus (o crocodilo do Nilo), pero non o extinto Poposaurus gracilis, Ornithosuchus longidens ou Aetosaurus ferox. Nesbitt consideraba que as seguintes características eran sinapomorfías (características distintivas) dos Loricata:

  • Catro dentes na premaxila da mandíbula superior.
  • Unha crista no óso escamoso na parte de atrás do cranio.
  • Unha proxección no escamoso que toca a fiestra infratemporal.
  • Unha cola, e unha órbita ocular estreita.
  • Unha crista situada na metade da fíbula para a inserción do músculo iliofibular.
  • Unha articulación entre o cuarto óso do tarso e a parte inferior do calcáneo no nocello.
  • Unha proxección na base do quinto metatarsal do pé que está separado do final do óso por un oco cóncavo.

A análise filoxenética de Nesbitt situou Crocodylomorpha e varios rauisuquios dentro de Loricata. Rauisuchidae era un taxón irmán de Crocodylomorpha, mentres que os prestosuquios formaban unha serie de loricados máis basais. Loricata é o taxon irmán de Poposauroidea, un grupo de rauisuquios do Triásico. Velaquí un cladograma de Loricata de Nesbitt (2011):[2]

Paracrocodylomorpha 

Poposauroidea

 Loricata 

Prestosuchus

Saurosuchus

Batrachotomus

Fasolasuchus

Rauisuchidae

Crocodylomorpha

França, Langer e Ferigolo (2011) atoparon que, cando se engadía Decuriasuchus á análise de (2011), este era o loricado máis basal. A súa adición influenciou tamén a situación filoxenética de Ticinosuchus. Na análise orixinal de Nesbitt quedaba fóra de Loricata, pero cando se incluíu Decuriasuchus na análise, Ticinosuchus foi considerado un membro basal de Loricata.[3]

Os poposauroides xeralmente considerábanse parentes máis próximos dos crocodilomorfos que dos rauisuquios e prestosuquios. O clado Paracrocodylomorpha inclúe os poposauroides e crocodilomorfos, xeralmene excluíndo os rauisuquios e prestosuquios. Cando se usa Paracrocodylomorpha, os rauisuquios e prestosuquios son situados xeralmente como os crurotarsos máis basais. O clado chamado Paracrocodyliformes creouse en 2007, no cal os rauisuquios e prestosuquios estaban máis relacionados cos Crocodylomorpha, e os poposauroides eran o grupo máis basal.[4] Ese uso é similar ao de Loricata.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Merrem, B. (1820). Versuch eines Systems der Amphibien. Krieger. p. 191. 
  2. Nesbitt, S.J. (2011). "The early evolution of archosaurs: relationships and the origin of major clades" (PDF). Bulletin of the American Museum of Natural History 352: 1–292. doi:10.1206/352.1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2019. Consultado o 31 de xullo de 2017. 
  3. Marco Aurélio G. França; Max C. Langer; Jorge Ferigolo (2011). "Incorporating Decuriasuchus quartacolonia (Pseudosuchia) into the archosaur phylogeny". Ameghiniana 48 (Supplement to 4): R63. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2017. 
  4. Weinbaum, J.C.; Hungerbühler, A. (2007). "A revision of Poposaurus gracilis (Archosauria: Suchia) based on two new specimens from the Late Triassic of the southwestern U.S.A.". Paläontologische Zeitschrift 81 (2): 131–145. doi:10.1007/BF02988388.