Lorenzo García Vidal
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de febreiro de 1846 Loureiro |
| Morte | 30 de abril de 1928 Loureiro |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Fillos | José García Vidal |
Lorenzo García Vidal, nado en Loureiro (Concello de Cotobade) o 20 de febreiro de 1846 e finado na mesma parroquia o 30 de abril de 1928, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Carlos García Vidal e Josefa Vidal Justo. Estudou o bacharelato en Pontevedra, rematando en 1866. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1870. Regresou a Loureiro para exercer a avogacía. En 1872 foi alcalde de Cotobade. Foi escribán de Ponte Caldelas, deputado provincial e avogado de beneficencia. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 6 de marzo de 1899. En 1902 foi gobernador civil de Ourense. Finou en Loureiro o 30 de abril de 1928 aos 82 anos.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de José García Vidal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 1-5-1928, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lorenzo García Vidal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José de Cora (11/3/2017). "El gobernador enamorado", Bitacora de Cora (en castelán).