Saltar ao contido

Lope de Luna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLope de Luna
Biografía
Nacemento1315 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1360 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Pedrola, España Editar o valor en Wikidata
Conde de Luna (1348) Condado de Luna (1348)
Lord of Luna (en) Traducir Lordship of Luna (en) Traducir
Tenente
Señor de Segorbe lordship of Segorbe (en) Traducir
Lieutenant General of the Kingdom of Aragon (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro, cabaleiro, político Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Aragón e Coroa de Aragón Editar o valor en Wikidata
ConflitoWar of the Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloLord of Luna (en) Traducir
Señor de Segorbe
Conde de Luna (1348) Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Luna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeViolante de Aragón e de Anjou
Brianda de Got Editar o valor en Wikidata
FillosFernando López de Luna
 ()
María de Luna
 () Brianda de Got
Brianda de Luna
 () Brianda de Got Editar o valor en Wikidata
PaisArtal III of Luna Editar o valor en Wikidata  e Constanza Pérez de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Fernández de Luna Editar o valor en Wikidata

Lope de Luna, nado en 1315 e finado en Pedrola, Reino e Aragón en 1360, foi un nobre aragonés da Casa de Luna, da liñaxe dos Ferrench de Luna, IX señor de Luna, en calidade de tenente, III señor de Segorbe, e primeiro conde de Luna a partir de 1348.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Artal de Luna y Urrea, VIII señor de Luna e de Martina Sanz de Huerta.

Foi un gran colaborador de Pedro IV o Cerimonioso durante a expedición a Sardeña. Participou na Guerra da Unión e, en 1348, recibiu o título de Conde de Luna pola súa vitoria na batalla de Épila contra a Unión de Aragón, pasando Luna de tenencia a señorío hereditario.

Matrimonios e descendencia

[editar | editar a fonte]
Páxina do Armorial de Gelre, onde aparece o escudo da Casa de Luna.

Lope casou en primeiras nupcias con Violante de Aragón, filla de Xaime II de Aragón, que era viúva de Filipe, déspota de Romanía,[1] con quen non tivo descendencia. Porén, deste modo emparentou coa Casa Real de Aragón.

Casou novamente con Brianda de Agoult,[2][3] (ou de Got, ou de Aquaviva), filla do conde de Got, que era parente do papa Clemente V, con quen tivo a María de Luna, IV señora de Segorbe, que casaría co futuro rei Martiño o Humano. Deste matrimonio tamén naceu Brianda de Luna, que aída que casou lexitimamente con Lope Ximénez de Urrea, fuxiu para vivir co seu amado Luís Cornel, señor de Alfajarín, con quen tería tres fillos, Francisco Luís Cornel, señor de Vall de Almonacid e do seu castelo, Brianda e Leonor, desencadeando unha guerra.[4]

Máis tarde casou con María de Altura, con quen tería a Fernando López de Luna, señor de Ricla, que casaría con Emilia Ruiz de Azagra, III señora de Villafeliche.

  1. Nicolau d'Olwer. "La duquessa d'Atenes i els "documents misteriosos"". Consultado o 27 de setembro de 2017.  (en catalán)
  2. Briande d'Agoult.
  3. Généalogie des familles nobles. D'Agout (en francés)
  4. Sarasa Sánchez, Esteban.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]