Longinos Rodríguez de la Iglesia
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1897 ![]() Muñogrande, España (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1936 ![]() Galicia, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Longinos Rodríguez de la Iglesia, nado en Muñogrande (Ávila) o 16 de agosto de 1897 e finado en 1936, foi un mestre español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre da Allonca (A Fonsagrada) dende 1916,[1] e vogal da asociación de mestres do partido da Fonsagrada.[2] Durante a República foi mestre no Regueiro (Boborás). Era socio da Casa del Maestro.[3] Participou no mitin organizado por Izquierda Republicana no Regueiro nas eleccións de febreiro de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado. En 1937 iniciouse o seu proceso de depuración do maxisterio, decretándose a súa separación definitiva e baixa na escala en 1940.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Longinos Rodríguez de la Iglesia na páxina web Nomes e Voces.