Saltar ao contido

Long Duration Exposure Facility

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Long Duration Exposure Facility / LDEF
LDEF xusto despois de ser soltado desde o transbordador Challenger.
TipoExperimental
OrganizaciónNASA
Destino actualRegresado a terra.
Data de lanzamento6 de abril de 1984, 13:58 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Challenger[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Duración da misión5 anos e 9 meses[2]
Obxectivo da misiónExperimental, demostrador tecnolóxico.[2][6]
Regreso11 de xaneiro de 1990[2][5]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea[2][5]
NSSDC ID1984-034B
Masa9710,0 kg[2]
Dimensións4,3 m de diámetro e 9,1 m de lonxitude[2][5]

LDEF (acrónimo de Long Duration Exposure Facility) foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 6 de abril de 1984 mediante o transbordador espacial Challenger durante a misión STS-41-C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

LDEF foi un satélite artificial pasivo desenvolvido pola NASA para ser lanzado polos transbordadores espaciais e ser deixado libremente en órbita durante un tempo, levando a bordo gran cantidade de experimentos científicos e tecnolóxicos. LDEF foi pensado para ser recuperado nun voo posterior por outro transbordador espacial para ser devolto a terra, os seus experimentos analizados por científicos e técnicos en laboratorios terrestres e, dado o caso, volver ó espazo con outros experimentos.[2][5][6]

A estrutura de LDEF consistía nun cilindro de aluminio de 4,3 metros de diámetro e 9,1 metros de lonxitude cunha serie de bandexas e armarios internos nos que acomodar diversos experimentos, algúns expostos directamente ó baleiro e outros pechados. A estrutura en si non dispoñía de enerxía, comunicacións nin capacidade de manobra. Cada experimento debía ser capaz de subministrar autonomamente a enerxía necesaria e as súas propias comunicacións, se as necesitaba.[2][5][6]

LDEF estabilizábase mediante gradente gravitatorio[2][5][6]

A única unidade LDEF construída foi lanzada ao espazo a bordo do transbordador espacial Challenger o 6 de abril de 1984 e deixado nunha órbita case circular duns 500 km de altura ao día seguinte. Levaba a bordo 57 experimentos en 86 aloxamentos, implicando a 200 investigadores principais de 33 compañías privadas, 21 universidades, sete centros da NASA, nove laboratorios do Departamento de Defensa e oito países ademais dos Estados Unidos.[2][5][6]

A recollida de LDEF estaba prevista para o ano seguinte, pero foi posposta por razóns loxísticas. O accidente do transbordador Challenger en 1986 produciu un parón no programa de lanzamentos que fixo que LDEF permanecese en órbita 5,7 anos, máis de catro anos máis do previsto, ata a súa recollida polo transbordador espacial Columbia o 11 de xaneiro de 1990 durante a misión STS-32. Ao seu regreso a terra, os experimentos de LDEF foron enviados ós seus respectivos laboratorios. Algúns dos experimentos beneficiáronse dunha estancia máis prolongada do previsto no espazo.[2][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "LDEF" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 NASA (27 de marzo de 2013). "LDEF 1" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  3. "Information Furnished in Conformity with the Convention on Registration of Objects Launched into Outer Space" (PDF) (84-17200). 13 de xullo de 1984: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "LDEF" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "LDEF" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "LDEF" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013.