Lola Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lola Herrera
Lola Herrera 48 Voces en Puerto del Rosario.jpg
Durante a representación de 48 Voces en Porto do Rosario, Fuerteventura, o 29 de xaneiro de 2001.
AlcumeLola Herrera
Nacemento30 de xuño de 1935
 Valladolid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
CónxuxeDaniel Dicenta
FillosNatalia Dicenta
PremiosAlcalá City Award, sen etiquetar, Ercilla Awards, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e Medalla de Ouro ó Merito no Traballo
editar datos en Wikidata ]

Lola Herrera, nada en Valladolid o 30 de xuño de 1935, é unha actriz de teatro e cine española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus inicios son musicais pero a mediados dos cincuenta viaxa a Madrid e comeza a súa andaina como actriz. Participa en El pórtico de la gloria a súa primeira película no ano 1953. Intervén en multitude de obras de teatro filmadas para RTVE durante toda a súa carreira. En 1978 realiza Arriba Azaña, onde comparte protagonismo con Fernando Fernán Gómez e Héctor Alterio entre outros. En 1981 protagoniza Función de noche unha innovadora proposta da directora Josefina Molina e que narra as desventuras dun matrimonio de actores na vida real, Herrera e Daniel Dicenta, e as relacións cos seus fillos. Lola Herrera sempre se sentiu orgullosa deste papel e denomina o filme como "unha terapia". En 1982 coprotagoniza xunto a Alfredo Landa La próxima estación de Antonio Mercero e que narra a problemática xuvenil.

En 1996 participa en El amor perjudica seriamente la salud onde dá vida á suegra de Juanjo Puigcorbé. Nestes últimos anos participou en numerosas series de televisión, entre as que destacan La casa de los líos xunto a Arturo Fernández, El grupo na cal interpretaba á nai dunha das pacientes do grupo levado polo psicólogo Hector Alterio e Un paso adelante onde daba vida á directora da academia de baile e interpretación onde transcorría a acción.

Moito máis vencellada ó teatro que ó cine ou á televisión, está considerada unha das grandes damas da escena española por crítica e público. Entre as súas interpretacións teatrais máis lembradas cómpre salientar as de Las amarga lágrimas de Petra von Kant ou Cinco horas con Mario, monólogo desenvolvido a partir da obra de Miguel Delibes e que leva representando máis de 25 anos. Entre os seus últimos éxitos esta Solas adaptación teatral da película do mesmo nome.

Premios[editar | editar a fonte]

Lola Herrera recibiu entre outros premios, o Max das artes escénicas por Solas en 2006, Fotogramas de Plata en 2005 e 2006 por Cinco horas con Mario e Solas respectivamente e o Premio Ercilla de Teatro a toda unha vida dedicada ó teatro.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada co actor Daniel Dicenta, divorciouse, tendo dous fillos en común, Natalia e Daniel. Natalia Dicenta, compartiu cartel coa súa nai en varias ocasións, entre elas en "Eva al desnudo", e a última ocasión en Solas onde interpretaba a súa filla na ficción. Por este papel foi candidata ós Fotogramas de Prata e ós Premios Max.