Lofóforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Briozoo mostrando o lofóforo.

O lofóforo (do grego λόφος lóphos, "penacho", "crista" e φορέω phoréō, "levar") é o órgano típico dos lofoforados, un pequeno grupo de animais bilaterais celomados, posibelmente deuteróstomos.

É un órgano tentaculado, unha estrutura en forma de coroa ou ferradura provista de numerosos tentáculos ciliados que rodean a boca, pero non o ano, que estes animais utilizan para capturar o alimento e como órgano respiratorio.

A vibración dos cilios provoca unha corrente de auga que atrae as partículas suspendidas cara aos tentáculos, onde son retidas e conducidas á boca. Este tipo de alimentación coñécese co nome de suspensívora.

O lofóforo contén unha prolongación do celoma, e as delgadas paredes ciliadas dos tentáculos non son só un eficaz sistema de alimentación, senón que tamén funcionan como superficie respiratoria para o intercambio de gases entre a auga e o líquido celomático.

Os filos tipicamente lofoforados son os briozoos (ou ectoproctos), os braquiópodos e os foronídeos; ás veces inclúese tamén aos entoproctos, un grupo polémico de filiación incerta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]