Saltar ao contido

Lluís Llach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíailustre Editar o valor en Wikidata
Lluís Llach

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lluís Llach i Grande Editar o valor en Wikidata
7 de maio de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Xirona, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Assemblea Nacional Catalana
1 de xuño de 2024 –
← Dolors Feliu i Torrent (pt) Traducir
Presidente Advisory Council for the promotion of a Civic and Social Forum for the Constituent Debate (en) Traducir
24 de outubro de 2018 – 1 de agosto de 2019
Presidente Q57775982 Traducir
8 de marzo de 2016 – 19 de xullo de 2016
← Muriel CasalsSupresión do cargo →
Deputado do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

Datos persoais
ResidenciaParlavà
Porrera Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautor (1967–2007), produtor musical, activista político, político, escritor, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoCanción protesta Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano e guitarra Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de marzo de 2022Defensem l’escola en català
2021Stop JJOO 2030 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webhttp://www.lluisllach.cat
IMDB: nm0515617 Allocine: 77542 Allmovie: p478235
Facebook: 112184795485155 Twitter: lluis_llach Youtube: UCqkZBXlCnTsfff_xxEyaTMA BNE: XX1719648 Spotify: 3zVGMz661UQBxwt04UIYV0 Last fm: Llu Musicbrainz: c231e5c5-2191-460a-80e0-602a6b519538 Songkick: 225042 Discogs: 547727 Allmusic: mn0000275002 Editar o valor en Wikidata

Lluís Llach i Grande, nado en Xirona o 7 de maio de 1948, é un músico e cantautor catalán que pertenceu ao grupo dos Setze Jutges e que está considerado como un dos máximos expoñentes da canción en lingua catalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron un médico de aldea (de familia de terratenentes) que conseguira praza na vila empordanesa de Verges; e dunha mestra que recibira unha educación burguesa en Barcelona. Ten tamén un irmán chamado Josep Maria.

Segundo palabras do propio Llach, foi a súa mai quen introduciu a música na súa casa. A guitarra que utilizaron tanto el como o seu irmán pertencíalle a ela. Ademais, tiñan un piano. O pequeno Lluís compuxo as súas primeiras melodías con tan só seis ou sete anos, aínda que a súa primeira canción de verdade, con letra do seu irmán e música del, data de 1965, e tiña por título Que feliç era, mare ("Que feliz era, mai").

O seu debut musical foi a comezos de 1967 como integrante dos Setze Jutges, grupo do que foi último membro e que pertencía ao movemento da Nova Cançó. Lluís Llach optou moi axiña pola liña do compromiso aberto, na que continuaría ao longo da súa evolución artística, só abandonada de forma parcial nos últimos anos para afondar na exploración e na experimentación musicais.

Contra o termo de 1969, logo duns éxitos cun impacto popular moi evidente, presentouse en solitario no Palau de la Música Catalana, onde se consolidou como un dos mellores cantautores do momento (cunha popularidade crecente en todos os niveis). Viaxou a Cuba, e presentouse tamén só diante do público de Madrid. Isto provocoulle duras prohibicións, xa que durante catro anos non puido cantar en Barcelona. Foi tamén daquela cando comezou a actuar de forma habitual en Francia, e máis concretamente en París, onde chegou a presentarse no prestixioso Olympia.

Após os seus recitais de 1975, foi detido, multado e durante máis de oito meses estiveron prohibidas todas as súas actuacións no Estado español. Llach regresaría cunha multitudinaria actuación o 26 de xaneiro de 1976 no Palau Municipal d'Esports de Barcelona.

Durante a súa carreira, alén de textos seus tamén musicou poetas como o grego Kavafis, Joan Salvat-Papasseit, Joan Oliver, Josep Maria Segarra, Màrius Torres ou Miquel Martí i Pol.

Algunhas das súas cancións máis populares son "L'Estaca", "El Bandoler", "La Gallineta", "Si arribeu", "I si canto trist", "Que tinguem sort", "Fills d'Hiroshima", "Itaca", "Vaixell de Grècia" ou "Jo també he dormit a l'alba".

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Els èxits de Lluís Llach (1968)
  • Ara i aquí (1970)
  • Com un arbre nu (1972)
  • Lluís Llach a l'Olympia (1973)
  • I si canto trist... (1974)
  • Viatge a Itaca (1975)
  • Barcelona, gener de 1976 (1976)
  • Campanades a morts (1977)
  • El meu amic, el mar (1978)
  • Somniem (1979)
  • Verges 50 (1980)
  • I amb el somriure, la revolta (1982)
  • T'estimo (1984)
  • Maremar (1985)
  • Camp del Barça, 6 de juliol de 1985 (1985)
  • Astres (1986)
  • Geografia (1988)
  • La forja de un rebelde (BSO)(1990)
  • Torna aviat (1991)
  • Ara, 25 anys en directe (1992)
  • Un pont de mar blava (1993)
  • Rar (1994)
  • Porrera (1995)
  • Nu (1997)
  • 9 (1998)
  • Temps de revoltes (2000)
  • Jocs (2002)
  • Junts (2003)
  • Poetes (2004)
  • Que no s'ague la llum (conxuntamente con Feliu Ventura) (2005)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]