Llerena Perozo Porteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Llerena Perozo Porteiro
Nacemento13 de xaneiro de 1974
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
PaiXosé Antonio Perozo
NaiMaría Xosé Porteiro
IrmánsOzo
editar datos en Wikidata ]

María Llerena Perozo Porteiro, nada en Vigo o 13 de xaneiro de 1974, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo, irmá de Ozo. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Especialízouse en comunicación, relacionada co xénero e o medio ambiente. Traballou de asesora do conselleiro de medio ambiente e desenvolvemento sostible na Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Despois dirixiu dúas empresas dedicadas á comunicación cultural. Impartiu obradoiros de comunicación para mulleres desde a perspectiva de xénero colaborou con organizacións feministas e impartiu palestras sobre violencia de xénero, ecofeminismo e comunicación.[1]

Colaborou en Praza.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Galego[editar | editar a fonte]

  • Unha gota é un océano (2018). Auga Editora. 59 páxs. ISBN 978-8494780134. Divulgación sobre a importancia da auga.
  • Sementamos Igualdade. Manual práctico e bos usos (2019). Auga Editora. ISBN 978-84-120382-5-5. Sobre os conceptos de igualdade entre mulleres e homes e boas prácticas.[3]
  • Pérez. Historia dun triunfo (2021). Galaxia. ISBN 9788491517559.

Castelán[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Llerena Perozo, Biografía da escritora para Auga Editora". Auga Editora. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-09-19. 
  2. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2021-09-19. 
  3. "En Cangas sementamos igualdade". Concello de Cangas. Consultado o 2021-09-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]