Liña 9 do metro de Barcelona
A liña 9 ou L9 do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que actualmente ten dous tramos en funcionamento: a L9 Nord, que conecta Santa Coloma de Gramenet, Badalona e os barrios de Bon Pastor e La Sagrera de Barcelona, e a L9 Sud que conecta a Zona Universitària, L'Hospitalet, El Prat de Llobregat e o Aeroporto de Barcelona.
A parte central do seu percorrido é compartida coa liña 10. Xuntamente, cando finalice a súa construción, con 47'8 quilómetros de lonxitude e soterrada en 43,71 km, será a liña soterrada máis longa de Europa,[1] por diante da liña 9 do metro de Moscova (41'5 km), a liña 12 do metro de Madrid (41 km) e a Northern Line do metro de Londres.
Historia
[editar | editar a fonte]O 13 de decembro de 2009 entrou en servizo o tramo entre Can Zam e Can Peixauet e o 18 de abril de 2010 inaugurouse o tramo da L10 entre Bon Pastor e Gorg en Badalona, conxuntamente co alargamento da L9 de Can Peixauet a Bon Pastor, e posteriormente ampliouse con dúas estacións ata La Sagrera.
O 12 de febreiro de 2016 entrou en servizo o tramo sur entre o aeroporto e a Zona Universitària, coñecido como L9 Sud. Son, en total, 20 km con 15 estacións situadas en Barcelona, L'Hospitalet e El Prat de Llobregat, cun tempo de traxecto de 32 minutos.[2]
Trazado
[editar | editar a fonte]Ademais de dar servizo a barrios que non dispón de metro (Bon Pastor, Llefià, la Salut, Singuerlín, Pedralbes e Zona Franca) unirá cinco municipios: Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Barcelona, l'Hospitalet de Llobregat e el Prat de Llobregat. Tamén unirá puntos estratéxicos como centros loxísticos, zonas de equipamentos e zonas de servizos como o aeroporto de Barcelona, a Zona Franca, a Fira de Barcelona, a ampliación do Porto, a Cidade da Xustiza, o Parque Güell, o Camp Nou e a Cidade do Básquet, entre outros.